jueves, 19 de noviembre de 2009

SANEAMENTO DO POMBO.







Hay unhas semanas que solicitamos por rexistro de entrada no Concello, que se reparen os deperfectos que presenta o saneamento do Pombo.




En representación da Asociación de Veciños de Pravio e Cela (AVEPACE) o secretario.

EXPÓN:

Que na estrada de San Pedro a Cecebre, na zona do Pombo en Pravio. Efectuáronse as obras do saneamento polas dúas marxes da estrada, estas obras presentan varias irregularidades.

Hai varias arquetas rotas, corrementos de terra e buratos formados pola auga que discorre pola cuneta.

Tamén hai algún contedor que foi cambiado de sitio durante as obras e agora esta situado na parada do autobús.

SOLICITA:

Que se revisen as arquetas e o recheo dos dous lados da estrada.

Que a empresa ou o Concello reparen tanto as arquetas, como os buratos que presenta esta obra, para evitar as filtracións de auga.

Que cambien os contedores un pouco mais arriba, para deixar a parada do autobús libre.

Enviamos fotos dos contedores e das arquetas.

EN CAMBRE 09 DE NOVEMBRO DO 2.009

O Secretario

Asdo.: Víctor Velo

EXCMO. XABIER IGLESIAS CONCELLEIRO DELEGADO DO AREA DE
MEDIO AMBIENTE, OBRAS E SERVICIOS DE CAMBRE.

Esperamos que pronto se arranxen estos desperfectos e den de alta o alcantarrillado.
Un cordial saudo da Xunta Directiva.
.

No hay comentarios: