sábado, 31 de enero de 2009

MOCION DE CELA

O pasado xoves no pleno, saliu adiante a mocion presentada por Esquerda Unida, para que o Concello de Cambre, compre un terreo e Cela.
A Xunta Directiva desta Asociacion, porase en contacto a proxima semana co señor Alcalde, para tratar o tema.
Despois de solicitar por rexistro de entrada no Concello que se comprara un terreo, e de que se aprovara a mocion. Seguiremos as xestions de compra do terreo e as posibles actuacions no mismo.

Un saudo da Xunta Directiva.

miércoles, 28 de enero de 2009

DATOS DO CONCELLO DE CAMBRE.

PARROQUIAS-Nº Habitantes -Porcentaxe -Idade Media



Anceis...................... 1.278............. 5,6%............. 45

Andeiro...................... 312.............. 1,4%............. 43

Brexo-Lema............... 859.............. 3,8%............ 43

Bribes......................... 827.............. 3,6%............ 44

Cambre.................... 6.787............ 29,8%............ 36

Cecebre.................... 1.412............. 6,2%............ 45

Cela............................. 438............. 1,9%............ 40

San Lorenzo............... 222................ 1%............. 42
.
Pravío.......................... 872............. 3,8%........... 44

Sigrás........................ 1.551............. 6,8%............ 43

O Temple.................. 7.859............ 34,6%............ 36

Stª Mª de Vigo............. 326.............. 1,4%............ 49




Fuente: Elaboración propia a partir del IGE



PRAVIO E CELA....... 1.310............. 5,7%............. 42



Presentamos os datos de Pravio e Cela que teñen unha boa representación, no noso Concello e esperamos que sigan medrando. Si estos datos os comparamos cas inversións realizadas nas parroquias, os últimos anos podese comprobar que estaban olvidadas.
Tamen temos que recordar que cos proxectos do Plan Estatal de Inversión Local, e os proxectos para os presupostos do 2.009. Esperamos que se equipare as estadísticas entre poboación e inversión.
A Xunta Diretiva seguirá traballando nestes aspectos.




Un saudo da Xunta Directiva.

lunes, 26 de enero de 2009

TERREOS PARA CELA.

AVEPACE solicitou por rexistro de entrada 22/01/2.009 no Concello de Cambre o señor Alcalde, que dotara dun terreo municipal a parroquia de Cela. Esta demanda e unha vella reclamación dos veciñ@s de Cela e un novo proxecto desta Asociación.
Pola sua parte o Grupo Municipal de Esquerda Unida presentara unha moción para solicitar este proxecto en Cela.

lunes 26 de enero de 2009

MOCION SOBRE DOTACIÓNS DE INFRAESTRUCTURAS PARA OS VECIÑ@S DA PARROQUIA DE CELA (pleno xaneiro)
XUSTIFICACIÓN:Xa non é a primeira vez que o noso Grupo presenta unha iniciativa nos términos que imos a prantexar no pleno do dia dia de hoxe, sendo ésta unha clamorosa demanda dos veciñ@s e o mesmo tempo unha deuda histórica que o noso concello ten coa parroquia de Cela.Tendo en conta que un elemental principio de equiedade obliga as Administracións Públicas equilibren minimamente as dotacións de infraestructuras dos seus distintos territorios, de tal xeito que se eviten discriminacións entre veciñ@s residentes en distintas zonas.Partindo de tal principio, compre recoñecer que a parroquia de Cela constituie, hoxendía, unha das zonas mais desfavorecidas no reparto de infraestructuras públicas no ámbito do noso Concello, que tan necesarias resultan para que as persoas poidan desenvolver dentro do seu ámbito de residencia unha calidade de vida minimamente digna; o que nos obriga como representantes veciñais do conxunto do noso territorio, a levar a cabo unha política solidaria que permita o equilibrio territorial a que antes aludiamos.Nas repetidas ocasións que o Grupo de EU-IU plantexou iste problema, alegouse como obstáculo a carencia de terreos na zona para poder atender a cobertura dista necesidade. Por iso o noso Grupo entende que se fai preciso sumar esforzos tanto dos distintos grupos municipais como dos propios veciñ@s, para darlle unha solucción satisfactoria o tema.
POR ISO O NOSO GRUPO MUNICIPAL PROPÓN Ó PLENO A ADOPCIÓN DOS SEGUINTES ACORDOS:PRIMEIRO.- O pleno da Corporación encomenda o Goberno Municipal, a tarefa de conseguir e solucionar a falta de terreos imprescindibles para dotar a parroquia de Cela dunha infraestructura recreativa e deportiva para uso veciñal.SEGUNDO.- Tendo en conta o punto anterior, o Goberno Municipal poderá requerir para levar adiante os seus traballos, a colaboración dos veciñ@s da parroquia e das entidades sociais representativas, tanto para recoller suxerencias sobre os posibles terreos como para posibles contactos, conversas e outras actuacións relacionadas coa finalidade que se pretende.TERCEIRO.- Que nos orzamentos para o presente exercicio 2009 se destine unha partida presupostaria especifica para o fin exposto na presente moción.En CAMBRE, a 24 de xaneiro de 2009Asdo: Grupo Municipal de “EU-IU”

A Xunta Directiva agradece iniciativas como estas, por parte das formacións políticas de Cambre.

Un saudo da Xunta Directiva.

jueves, 22 de enero de 2009

CELA CONSIGUE O SANEAMENTO DO SOUTO.


A Xunta Directiva de AVEPACE quere dar as gracias a todas Formacions Políticas de Cambre, por incluir no Plan Estatal de Inversión Local o saneamiento do souto en Cela.
Queremos facer unha mención especial, para a formacion de Esquerda Unida pola defensa e o esforzó que mantivo, para que Cela non quedara excluida.
Tamen queremos agradecerlle o señor Alcade que incluise a Cela no Plan Estatal de Inversión Local. Pero tamen queremos recordarlle, o compromiso de dotar a Cela dun terreo Municipal. Compromiso que ten cos Veciñ@s de Cela e con esta Asociación.
Esperamos seguir nesta linea de traballo tanto en Cela, como en Pravio. Xa que esto supón un avance para os nosos veciñ@s. Gracias a tod@s.
Un saudó da Xunta Directiva.

PRAVIO CONSIGUE MANTER A CUBERTA




A Xunta Directiva de AVEPACE, quere dar as GRACIAS a todas as Formacions Políticas de Cambre, por manter o proxecto da cuberta da pista polideportiva en Pravio.
En esta ocasión queremos reconocer a defensa e o esforzó, que o señor Alcalde e o Concejal Venancio Salcines, mantiveron para manter este proxecto e saise a diante.
Queremos recordarlles a todos, que esta inversión non e solo un avance para Pravio e os seus veciños, si non que e un avance para todo Cambre. Ya que todos/as podremos disfrutar de unha pista polideportiva municipal cuberta e gratuita.
Esperamos que pronto se poida dispoñer de mais instalacións de este tipo no noso Concello.
Gracias a tod@s.
Un saudo da Xunta Directiva.

miércoles, 21 de enero de 2009

CELA TAMEN E DE CAMBRE


AVEPACE entregara mañan xoves polo rexistro de entrada do Concello, un escrito solicitando o señor Alcalde que teña en conta a proposta de Esquerda Unida para o alcantarillado do Souto en Cela.
Non podemos consentir que unha vez mais Cela quede excluida dos investimentos do Concello, nin que Pravio perda o proxecto da cuberta da pista polideportiva.
Cela e a unica parroquia do Concello de Cambre que carecer de terreos Municipais e esperamos que o Equipo de Goberno tome boa nota deste feito.
Presentamos copia do escrito que mañan remiterimos a o Alcalde por rexistro de entrada.

“Asociación de veciños de pravio e cela” (avepace). con c. i. f. g- 70.103.015.

C/ A CALLE s/n. PRAVIO
CAMBRE C. P. 15668
avepace@gmail.com

En representación da Asociación de Veciños de Pravio e Cela (AVEPACE) o secretario don Víctor Velo Torreiro.

EXPÓN:
A parroquia de Cela unha vez mais queda fora dos investimentos do Concello de Cambre e recordámoslle a o señor Alcalde, que hai unha proposta do Grupo de Esquerda Unida para o saneamento do Souto en Cela. De retirar algún proxecto do Plan Estatal de Inversión Local porque non se poda levar a cabo, recorde que Cela existe e pertence a Cambre.
Tamén queremos recordarlle o compromiso que ten desde hai anos cos veciños de Cela, para dotar a esta parroquia de un terreo Municipal.
Por iso:

SOLICITA:

Que o señor Alcalde éo Equipo de Goberno inclúa o saneamento do Souto en Cela si cambian algún proxecto do Plan Estatal de Inversión Local.

Que o señor Alcalde éo Equipo de Goberno realicen as xestións necesarias para dotar de un terreo Municipal a parroquia de Cela.

Que o señor Alcalde éo Equipo de Goberno non retiren o proxecto da cuberta da pista polideportiva de Pravio.



EN CAMBRE 22 DE XANEIRO DO 2009


O Secretario

Fdo.: Víctor Velo


EXCMO. SEÑOR ALCALDE E PRESIDENTE DA CORPORACIÓN MUNICIPAL DE CAMBRE

AVEPACE PROTESTA.


Hoxe presentouse por rexistro de entrada no Concello Cambre unha protesta, pola posible retirada do proxecto da cuberta da pista polideportiva de Pravio. Esta protesta sera remitida polo rexistro o señor Alcalde e a todas as formacions politicas do Concello.



“Asociación de veciños de pravio e cela” (avepace). con c. i. f. g- 70.103.015.

C/ A CALLE s/n. PRAVIO
CAMBRE C. P. 15668
avepace@gmail.com

En representación da Asociación de Veciños de Pravio e Cela (AVEPACE) o secretario don Víctor Velo Torreiro.

EXPÓN:

Que tras haber asistido o pleno extraordinario do pasado luns dia 19 de xaneiro do presente ano, no cal se poñía en duda a execución da cuberta polideportiva de Pravio. Temos que recordarlle, o señor Alcalde e o seu Equipo de Goberno que este proxecto e unha vella demanda dos veciños de Pravio. E non aceptaremos de ningunha maneira a retirada do proxecto.
Recordámoslle que hai un ano nestes mesmos terreos se construíu un almacén sen que a calificación do terreo fose un problema. Facer demagoxia agora con tecnicismos non ten cabida neste proxecto, porque isto e simplemente unha decisión política.
Esta Asociación e os seus veciños apoiaran a todos aqueles que se neguen a retirada desta inversión, que de seguro xa ten outro emprazamento buscado.
De retirar este proxecto, a Xunta Directiva de esta Asociación depurara e denunciara publicamente a todos os responsables Políticos de que se perda esta inversión en Pravio.
Por eso:

SOLICITA:

Que o señor Alcalde éo Equipo de Goberno non retire o proxecto da cuberta da pista polideportiva de Pravio.

Que o señor Alcalde entre copia completa do proxecto da cuberta da pista polideportiva de Pravio a esta Asociación.


EN CAMBRE 21 DE XANEIRO DO 2009


O Secretario

Fdo.: Víctor Velo


EXCMO. SEÑOR ALCALDE E PRESIDENTE DA CORPORACIÓN MUNICIPAL DE CAMBRE.




martes, 20 de enero de 2009

PRAVIO PODE PERDER UNHA INVERSION DE 265.253,55€




Onte no pleno sobre o Plan Estatal de Inversión Local acudimos contentos para ver como se aprobaban tres proxectos de inversión na parroquia de Pravio. Cal foi a nosa sorpresa cando estaban leendo os proxectos de Pravio e dixeron:


"a cuberta da polideportiva de Pravio non sabemos si se podrá facer porque o terreo esta catalogado como rustico e un técnico municipal da un informe desfavorable. Pero outro técnico municipal di que si que se pode facer."


Parecenos lamentable que o Equipo de Gobernó intente utilizar un tecnicismo burocrático para desviar os 265.253,55€ diste proxecto e ceda a presions para invertirlos en outros proxectos.


A Xunta Directiva mantera unha reunión de urxencia para tomar as medidas de presión oportunas.

sábado, 17 de enero de 2009

PRAVIO NOVOS PROXECTOS

AVEPACE informa dos proxectos que presenta o Concello de Cambre para o Fondo Estatal de Inversion Local.
O Concello de Cambre presentara este luns as 20:30 en Pleno os proxectos para o plan zapatero.
Este plan de 3,9 millos de euros para inversions en suelo plublico. Temos que lamentar que na parroquia de Cela non contamos con suelo plublico, por este motivo Cela queda sin actuacions neste plan.
Por outra parte en Pravio contaremos con TRES PROXECTOS de inversion.

O primeiro proxecto contempla a cubierta da pista polideportiva de Pravio.

O segundo proxecto contempla un parque infantil no campo da festa.

O terceiro poxecto contempla a renovacion dos tubos da traida desde a castellana ata o cruceiro de Pravio.

Si fora posible tamen se intentara ampliar e dotar de baños o local da festa, esta actuacion non se sabe si se contemplara neste plan ou ira nos presupostos do 2.009.

Para os presupostos do 2.009 do Concello solicitaremos que se compre a parcela que hai o lado da Fonte de Cela. Ya que Cela non conta con terreos municipais.

A Xunta Directiva mandalles un cordial saudo.

http://www.laopinioncoruna.es/secciones/noticia.jsp?pRef=2009011700_2_252543__ACorunaMetro-Cambre-incluye-proyectos-Fondo-Estatal-Inversion-Local

http://www.lavozdegalicia.es/coruna/2009/01/17/0003_7467081.htm

viernes, 9 de enero de 2009

PASO DE PEATONS EN PRAVIO.







Esta Asociacion leva moito tempo reclamando paso de peatons para a parroquia de Pravio.

Unha vez mais volvemos a reclamarlle o Concello de Cambre que poña 3 pasos de peons na
parroquia de Pravio. Esperamos que esta vez sea a difinitiva.


Un Saudo da Xunta Directiva.






miércoles, 7 de enero de 2009

VIDEO DE PRAVIO E CELA

Esperamos que este video vos guste a tod@s. Intentaremos facer outro con fotos mais recientes.

Un saudo a tod@s da Xunta Directiva.

viernes, 2 de enero de 2009

VECIÑOS RECLAMAN QUE SE VOLVA A COLOCAR O ESPELLO.


Tras recibir varias queixas de veciños pola retirada do espello no cruce da estrada entre Armental e a Gandara esta Asociacion vai tomar as seguintes medidas:

Enviaremos un escrito o Concello de Cambre para que repoña o espello no mismo sitio ou no sitio que estime oportuno.

Debido a que en esta estrada hai un transito de 435 veiculos diarios segun o estudio de transito que nos mostraron. Solicitaremos o concello que nun plazo de 15 dias solucione este problema que eles causaron.

De non solucionarse e como medida de presion pasaremos a recoller firmas entre os veciños e denunciaremolo publicamente. Ya que os causantes directos de esta situacion son eles. Non e normal que un Concello retire un espello que estaba dando servicio os veciños que pasan por ese cruce sen colocar outro no seu sitio.

Esta Xunta Directiva espera que se solucione o antes posible. Gracias.