martes, 30 de marzo de 2010

ASAMBLEA XERAL ORDINARIA, 2010



Estimado asociado:
.
En base ao artigo 15 dos estatutos da Asociación, agrádanos convocalo á Asemblea Xeral Ordinaria, que terá lugar o próximo dia 10 DE ABRIL DO 2.010, no local social de Pravio. A primeira convocatoria fixase para as 17:30 horas, e a segunda para as 18:00horas.
.
A Orde do día será segundo sigue:
.
1.- Lectura da última acta da Asemblea Xeral.
2.- Balance das contas anuais.
3.- Xestións realizadas pola Xunta Directiva.
4.- Proxectos pendentes do Concello de Cambre.
5.- Rogos e preguntas.
.
Asemblea Xeral Extraordinaria para nomear Xunta Directiva. Seguindo os estatutos desta Asociación, cada dous anos hai que renovar ou cambiar a Xunta Directiva. Primeira convocatoria 18:30 e a segunda as 19:00 horas.
.
Un cordial saúdo do Presidente de AVEPACE.
.
Jose Quintela Mouriño.




Estimado asociado:
.
En base a os estatutos desta Asociación informámolo de que o día 10 DE ABRIL DO 2.010 celebramos a Asemblea Xeral Ordinaria e de seguido Asemblea Xeral Extraordinaria para renovar ou cambiar a Xunta Directiva.
.
Con este motivo e seguindo os estatutos desta Asociación, informámolos de que o día 31 de Marzo do 2.010 a Xunta Directiva estará no local social desde as 20:30 horas ata as 21:30 horas para expoñer a os/as socios/as as contas da Asociación.
.
Os/as socios/as que queira revisar as contas ou as actas da Asociación, non ten mais que pasar polo local social o día 31 de Marzo do 2.010 e poderá comprobar con toda liberdade os documentos e facer todas aquelas preguntas que lle resulten de interese ou solicitar as aclaracións pertinentes.
.
Si algún/a socio/a esta interesado en presentar unha nova Xunta Directiva, debera presentar a súa candidatura o dia 31 de Marzo para concorrer en igualdade de condicións co resto de candidatos/as que poidan existir e segundo marcan os estatutos desta asociación.
.
Si algún/a socio/a quere facer efectivo a cota da Asociación, poderá realizalo o día 31 de marzo dende 20:30horas ás 21:30horas ou o día 10 de abril antes da Asemblea Xeral ordinaria.
Recordase que na Caixa Galicia pódese facer efectivo o pago da cota (18€ anuais) calquera día do ano.
.
Paxina web da Asociación : http://pravio-avepace.blogspot.com
Correo electrónico da Asociación: avepace@gmail.com
Un cordial saúdo.
.
O Secretario da Asociación.
.
Víctor Velo.
.

lunes, 15 de marzo de 2010

PRESUPOSTOS 2010 DE CAMBRE.


En representación da Asociación de Veciños de Pravio e Cela (AVEPACE) o secretario don Víctor Velo.

EXPÓN:

Tras ver na prensa estes días o borrador dos presupostos do Concello de Cambre, esta Asociación quere recordarlle o Equipo de Goberno e os Grupos da Oposición.
Que nos presupostos do 2.009 estaban destinadas dúas partidas especificas.

1.- Unha partida para as sendas entre Pravio e a Castellana, que a dia de hoxe están sen facer.
2.-Unha partida para dotar a Cela dun terreo Municipal, que a dia de hoxe non ten.
Por iso:
SOLICITA:
Que o Equipo de Goberno e os Grupos da Oposición teñan presentes estas dúas partidas dos presupostos do 2.009, para que estean presentes nos presupostos do 2.010 e incluso sexan incrementadas.

EN CAMBRE 11 DE MARZO DO 2.010

O Secretario
Asdo.: Víctor Velo
.
A Xunta Directiva envia a o Equipo de Goberno e os Grupos da Oposición, este escrito por rexistro de entrada do Concello.
Para recordarlles que temos comprometidas e aprobadas en pleno estas duas actuacións para Pravio e Cela.
.
Nos presupostos do 2009 tiñamos unha partida nos presupostos para realizar as sendas peatonais entre Pravio e a Castellana, polo tanto para os presupostos do 2010 deben crear unha nova partida e incluso aumentala. Para que estas sendas poidan ser unha realidade no 2010.
.
Tamen nos presupostos do 2009 tiñamos unha partida para dotar a Cela dun Terreo Municipal. Esta partida ten que ser includa nos presupostos do 2010 para que cando se dispoña dun terro, se poida comprar e asi dotar a Cela dun terreo Municipal, segundo esta comprometido e aprobado en pleno.
.
Nos proximos dias manteremos unha reunión co Señor Alcalde, para aclarar porque non se crean estas duas partidas nos orzamentos do 2010. Asi como outras obras e problemas que presentan as duas parroquias.
.
Un cordial saudo da Xunta Directiva.
.
.

viernes, 12 de marzo de 2010









Para mais información poñerse en contacto ca asociación de Veciños ou no tlf. 900713925 da academia naranco.

Un cordial saudo da Xunta Directiva.