martes, 28 de abril de 2009

REPARACIÓN E RENOVACIÓN DO ABASTECEMENTO.


Sae a contratación a renovación e reparación da rede de abastecemento dende a Castellan ata o Cruceiro de Pravio.
Trasladaremos unha solicitude a o Concello de Cambre, para que nos informe por onde discurren os tubos de abastecemento de auga. Xa que en caso de que estos tubos pasen pola cuneta, o Concello poderia aproveitar esta obra. Para realizar a senda peonal entre Pravio e a Castellana aprobada en moción no pleno do 25 de setembro. Trasladaremos esa solicitude por si fora posible realizas estas obras en conxunto.
Nº Exp.:
09/49- 31 OB
Denominación:
"Reparación e renovación da rede de abastecemento desde o depósito da Castellana ata o Cruceiro de Pravio (AC-214)", incluida en el FEIL
Forma de Adxudicación:
Procedemento negociado sen publicidade
Data de publicación de anuncios en Boletíns Oficiais (se procede):
Data de publicación de anuncios en prensa (se procede):
Data límite de presentación de ofertas:
Segundo recepción das invitacións
Adxudicación provisional (Empresa -Importe):
“ESPINA OBRAS HIDRÁULICAS, S.A" – 181.000 euros, IVE incluido Publicación da adxudicación provisional no Perfil : 08/04/09
Adxudicación definitiva (empresa):
Un saudo da Xunta Directiva.

CONTRATACIÓN DO SANEAMENTO DO SOUTO.



Sae a contratación do saneamento do Souto en Cela dos fondos FEIL, este saneamento sae casi dende a Ferralla, un pouco mais abaixo de Carfiber ata conetar co saneamento o lado do Pazo de Cela. Esta obra e a unica que se destina a Cela dos fondo FEIL, temos que decir que Cela era a unica parroquia en principio que non tiña asignada obras do FEIL. Esperamos que pronto se realice esta obra, como esperamos que pronto Cela conte cun terro municipal e deixe de ser a parroquia olvidada polo Concello.

Nº Exp.:
09/45-27 OB
Denominación:
"Rede de saneamento no núcleo de Souto de Cela", incluida en el FEIL
Forma de Adxudicación:
Procedemento negociado sen publicidade
Data de publicación de anuncios en Boletíns Oficiais (se procede):
Data de publicación de anuncios en prensa (se procede):
Data límite de presentación de ofertas:
Segundo recepción das invitacións
Adxudicación provisional (Empresa -Importe):
"ESPINA, OBRAS HIDRÁULICAS, S.A” 86.500 euros, IVE incluido Publicación da adxudicación provisional no Perfil : 08/04/09
Adxudicación definitiva (empresa):


Seguiremos informando, un saudo da Xunta Directiva.

PARQUE INFANTIL EN PRAVIO.



Segun a información que temos dende o Concello de Cambre, o parque infantil de Pravio contratado cos fondos do FEIL. Estara listo antes do 19 de xunio e os nenos/as de Pravio podran disfrutar dun parque de xogos. Temos que recordar que tanto Pravio como Cela eran as unicas parroquias que non tiñan parque infantis. Temos que recordar que no terreo municipal, que se comprara en Cela tamen se habilitara unha zona de xogos, segundo o acordado co Alcalde.

Nº Exp.:
09/35- 17 OB
Denominación:
"Creación de zonas de xogos infantís en Pravio", incluida en el FEIL
Forma de Adxudicación:
Procedemento negociado sen publicidade
Data de publicación de anuncios en Boletíns Oficiais (se procede):
Data de publicación de anuncios en prensa (se procede):
Data límite de presentación de ofertas:
Segundo recepción das invitacións
Adxudicación provisional (Empresa -Importe):
"JARDINCELAS, S.L" – 56.049,43 euros, IVE incluido Publicación da adxudicación provisional no Perfil : 08/04/09
Adxudicación definitiva (empresa):


Seguiremos informando, un saudo da Xunta Directiva.

lunes, 27 de abril de 2009

PRESUPOSTOS DO CONCELLO.




Tras seguir os presupostos municipais do 2.009 que van a pleno este xoves. Sabemos que se destina unha partida especifica para a compra do terreo municipal de Cela, cousa que nos comprace e nos agrada, xa que era o acordado co señor Alcalde.

Temos que lamentar por outra banda, que non aparece nestes presupostos unha partida especifica, para realizar as sendas peonís entre Pravio e a Castellana. Como fora aprobado nunha moción conxuta do pleno do 25 de Setembro do 2008 por unanimidade.
Por este motivo presentamos o dia 20 de abril do 2009 por rexistro de entrada do Concello unha solicitude para o señor Alcalde, así como para tódolos Grupos municipais. Para que seguindo esta moción aprobada, destinen unha partida especifica dos presupostos a esta obra.

Solucitude tal e como segue:



En representación da Asociación de Veciños de Pravio e Cela (AVEPACE) o secretario don Víctor Velo.

EXPÓN:

Que na SESIÓN ORDINARIA DO PLENO DA CORPORACIÓN DO DÍA 25 DE SETEMBRO DE 2008. Presentouse unha Moción conxunta dos Grupos P.P, BNG, EU-IU e PG. Esta moción promovida por esta Asociación, foi aprobada por unanimidade polos dezanove concelleiros asistentes a sesión.
Esta moción contaba con dúas partes diferentes, unha era o remate das sendas en Pravio, as cales xa tan rematadas e unha segunda parte. Nesta segunda parte aprobouse a construción da senda entra Pravio e a Castellana. Obra que esta sen realizar. Por iso:

SOLICITA:

Con motivo da negociación dos presupostos do Concello de Cambre, para o presente ano e seguindo o punto 4º aprobado nesta moción. Recorden que hai que destinar unha partida dos presupostos para realizar dita obra, segundo recolle este acordo da moción.


EN CAMBRE 20 DE ABRIL DO 2.009


O Secretario

Fdo.: Víctor Velo


ENTREGADO A TODOS OS GRUPOS DA CORPORACIÓN MUNICIPAL DE CAMBRE.
Esperamos que o proximo xoves no pleno, estea reflexada nos presupostos esta partida xa aprobada. A seguridade vial dos veciños, non entende de recortes nos presupostos.
Un saudo da Xunta Directiva.

viernes, 24 de abril de 2009

VIA ARTABRA 03



Onte publicouse no DOGA a Resolución do 27 de marzo de 2009, da Dirección Xeral de Obras Públicas, pola que se fai pública a aprobación definitiva do proxecto de trazado e estudo de impacto ambiental da obra vía Ártabra. Treito: AC-221 (polígono de Cambre)-autoestrada AP9-autovía A6. Clave AC/04/156.00.2.
A cal desestima as alegacións presentadas polo Concello, Asociacións e Afectados. Con este motivo e visto que hai un mes para presentar alegacions contra esta resolución. AVEPACE solicitara que o Concello de Cambre e todos os Grupos da Corporción Municipal.
Presenten alegacións contra esta resolución no plazo previsto e poñan, a disposición de todas as Asociacións e afectados un borrador das alegacións para facilitar este tramite.

Cambre e Pravio non necesitan o novo enlace na Gándara ca AP-9. Queremos o enlace onde esta, nos Catro Camiños.
Aceptamos unha Via Artabra, non queremos outra autopista en Cambre.

Seguiremos informado, a Xunta Directiva.

martes, 21 de abril de 2009

VIA ARTABRA 02

Hoxe entregamos por rexistro de entrada esta solicitude, para intentar parar o proceso da Via Artabra e sean atendidas as alegacións presentadas.

En representación da Asociación de Veciños de Pravio e Cela (AVEPACE) o secretario don Víctor Velo Torreiro.

EXPÓN:

Esta Asociación presentou o dia 25/04/2.008 unha alegación contra a Vía Ártabra o seu paso pola parroquia de Pravio e Cambre. Dita alegación foi desestimada ca “Resolución do 13 de marzo de 2009, da Dirección Xeral de Obras Públicas, pola que se fai pública a declaración de impacto ambiental, formulada pola Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental o 26 de febreiro de 2009, relativa ao proxecto de trazado e estudo de impacto ambiental da Vía Ártabra. Treito AC-221 (polígono de Cambre)-autopista AP-9-autovía A-6. Clave AC/04/156.00.2.”. Todo isto foi aprobado polo antigo equipo de goberno da Xunta de Galicia.
Ante tal despropósito con Cambre e Pravio por parte do anterior Director Xeral de Obras Publicas :

SOCITAMOS:

Que o Partido Popular de Cambre se poña en contacto, co novo Presidente da Xunta D. Alberto Núñez Feijoo e co Conselleiro D. Agustín Hernández Fernández.

Que o Partido Popular de Cambre solicite tanto o Presidente, como o Conselleiro que revisen as Alegacións e o Estudo Medio Ambiental da Vía Ártabra o seu paso por Cambre.

Que o Partido Popular de Cambre inste a o Presidente e o Concelleiro, a non realizar o novo enlace ca AP-9 na Gándara e habilite o dos Catro Camiños. Segundo o acordo alcanzado no pleno da Corporación Municipal e das alegacións presentadas polo Concello de Cambre.


EN CAMBRE 21 DE ABRIL DO 2009


O Secretario

Fdo.: Víctor Velo



GRUPO MUNICIPAL DO PARTIDO POPULAR DE CAMBRE.

VIA ARTABRA

Hoxe entregamos por rexistro de entrada esta solicitude, estamos a ver como a Xunta de Galicia segue adiante co proxecto da Via Artabra sen atender as alegacións presentadas.
http://www.lavozdegalicia.es/coruna/2009/04/21/0003_7666361.htm

En representación da Asociación de Veciños de Pravio e Cela (AVEPACE) o secretario don Víctor Velo Torreiro.

EXPÓN:

Esta Asociación presentou o dia 25/04/2.008 unha alegación contra a Vía Ártabra o seu paso pola parroquia de Pravio e Cambre. Dita alegación foi desestimada ca “Resolución do 13 de marzo de 2009, da Dirección Xeral de Obras Públicas, pola que se fai pública a declaración de impacto ambiental, formulada pola Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental o 26 de febreiro de 2009, relativa ao proxecto de trazado e estudo de impacto ambiental da Vía Ártabra. Treito AC-221 (polígono de Cambre)-autopista AP-9-autovía A-6. Clave AC/04/156.00.2.”. Todo isto foi aprobado polo antigo equipo de goberno da Xunta de Galicia.
Ante tal despropósito con Pravio por parte do anterior Director Xeral de Obras Publicas:

SOCITAMOS:

Que todos os Grupos da Corporación Municipal de Cambre rexeiten, tanto a Resolución da Declaración de Impacto Medio Ambiental aprobada pola Xunta de Galicia. Como das reformas efectuadas pola Xunta no trazado aprobado polo Concello de Cambre.
Que todos os Grupos presenten unha moción conxunta no próximo pleno da Corporación. Ratificando o trazado aprobado polo Concello de Cambre, así como o rexeitamento ao novo enlace ca AP-9 na Gándara.
Que se dea traslado a Xunta de Galicia e o novo Conselleiro desta moción. Así como do rexeitamento por parte do Concello e os Grupos que o aproben, dos cambios no trazado que realizou a Xunta de Galicia.


EN CAMBRE 21 DE ABRIL DO 2009


O Secretario

Fdo.: Víctor Velo


ENTREGADO A TODOS OS GRUPOS DA CORPORACIÓN MUNICIPAL DE CAMBRE

lunes, 20 de abril de 2009

TRABALLANDO POR CELA

Recordamos que tras a reunión cos Veciños de Cela tomouse a decisión de que o Concello de Cambre Compre a finca Pumariño, para que Cela conte con Terreo Municipal.

Segundo a información que temos a dia de hoxe, esta compra non esta realizada e esta pendente de que se aproben os presupostos Municipais. Esta Asociación seguira insistindo en esta operación pola importacia que ten para Cela.

Un saudo da Xunta Directiva.

SOLICITUDES 043



En representación da Asociación de Veciños de Pravio e Cela (AVEPACE) o secretario don Víctor Velo Torreiro

EXPÓN:

Que na zona do Pombo estanse a realizar as obras do saneamento. Estas obras están xa rematadas na zona do Pombo e Cubelo por parte desta empresa. Agora estan traballando na estrada de Cecebre a San Pedro. Esta empresa esta a incorrer en múltiples irregularidades, sen que o Concello tome medidas.
Nos últimos días, dous vehículos sufriron as consecuencias do abandono e a desidia que ten esta empresa e o Concello de Cambre con estas obras. Quedando enterrados o ceder, o terreo nas zanjas que abriron para pasar o saneamento. Despois de dúas semanas cas obras rematadas nesta zona, seguen sen asfaltar os camiños que levantaron. Por iso:

SOLICITA:


Que a empresa competente asfalte todos os camiños nos que estiveron traballando de inmediato, para non ter que sufrir mais molestias nin accidentes.

Que a empresa que esta facendo o saneamento, se encargue de reparar os danos que causaron os seus camións. No camiño que entra a o carón do túnel da autopista, onde esfondaron unha arqueta ea tapa do alcantarillado.


EN CAMBRE 20 DE ABRIL DO 2.009


O Secretario

Fdo.: Víctor Velo


EXCMA. SEÑORA BEATRIZ RAMOS CONCELLEIRA DE OBRAS DO CONCELLO DE CAMBRE

SOLICITUDES 042



En representación da Asociación de Veciños de Pravio e Cela (AVEPACE) o secretario don Víctor Velo Torreiro

EXPÓN:

Que na estrada de Cambre a Brexo-Lema a o seu paso pola parroquia de Cela, conta con un paso de peatóns. Situado a saída da ponte de Cela.
Este paso de peóns e utilizado polos veciños de Cela e pola xente que transita o paseo do río Mero, o seu paso por Cela.
Varios veciños da zona reclaman que se instalen bandas rugosas neste punto, debido a que os vehículos pasan a gran velocidade e fan caso omiso do paso de peóns.

Por iso,

SOLICITA:

Que a Policía Local de Cambre examine este paso de peóns e se instalen as bandas rugosas, para grantizar a seguridade dos viandantes que cruzan neste punto.


Para facilitar a súa localización enviamos fotos da súa situación.


EN CAMBRE 20 DE ABRIL DO 2009


O Secretario

Fdo.: Víctor Velo



EXCMO. SEÑOR ALCALDE E PRESIDENTE DA CORPORACIÓN MUNICIPAL DE CAMBRE

SOLICITUDES 041






En representación da Asociación de Veciños de Pravio e Cela (AVEPACE) o secretario don Víctor Velo Torreiro

EXPÓN:

Que na estrada AC-214 o seu paso pola parroquia de Pravio non contamos con ningún paso de peóns nesta parroquia, os veciños de Pravio non contan con ningún paso de peóns nin sinais verticais, que faciliten o paso dos veciñ@s nesta parroquia. Tódolos días os veciños de Pravio corren un gran risco o cruzar a estrada, sobre todo nas xornadas que hai algún acto na igrexa ou ven cando queren cruzar de unha senda a outra. Dende a Asociación de Veciños queremos recordarlles os membros do Goberno Municipal de Cambre que nesta parroquia xa tivemos que lamentar accidentes con vítimas mortais. Queremos pasos de peóns XA. Por iso,

SOLICITA:

O CONCELLO DE CAMBRE e O SEU ALCALDE que tramite con urxencia esta petición, pintado dos pasos de peóns e a colocación das sinais oportunas que advirtan do risco de paso, de peóns na zona. Así como habilitar as sendas necesarias.

Para facilitar a súa localización enviamos fotos da súa situación que se inclúe como anexo.


EN CAMBRE 20 DE ABRIL DO 2009


O Secretario

Ado.: Víctor Velo



EXCMO. SEÑOR ALCALDE E PRESIDENTE DA CORPORACIÓN MUNICIPAL DE CAMBRE

SOLICITUDES 040



En representación da Asociación de Veciños de Pravio e Cela (AVEPACE) o secretario don Víctor Velo Torreiro

EXPÓN:

Que na estrada CP-1703 o seu paso por Armental conta con un bache de grandes dimensións.

Queremos aproveitar este escrito para mencionar o perigosa que e esta estrada no seu treito final, na zona da canteira. Este tramo conta con un terraplén de gran consideración e sen medidas de proteción. Por iso:

SOLICITA:

Que o Concello de Cambre repare o antes posible este bache, antes de que cause danos nos vehículos que circulan por esta estrada.

Que o Concello de Cambre solicite a Policía Local un informe sobre a colocación de quita medos neste tramo.
Si o informe da Policía Local fose favorable a colocar os quita medos, que o Concello de Cambre remita dito informe a Deputación para que instale os quita medos, nos tramos oportunos. Xa que entendemos que dita estrada e competencia da Deputación.





EN CAMBRE 20 DE ABRIL DO 2.009


O Secretario

Fado.: Víctor Velo



EXCMA. BEATRIZ RAMOS PADIN CONCELLEIRA DELEGADA DO AREA DE
MEDIO AMBIENTE, OBRAS E SERVICIOS DE CAMBRE