lunes, 9 de noviembre de 2009

PLATAFORMA INTERCULTURAL 02

BOLETÍN INFORMATIVO DE CAMPOS.
NOVEMBRO
HORARIO:
LUNS, MÉRCORES E VENRES DE 16,30 A 18 HORAS
SÁBADOS DE 11 a 13 HORAS 2009


Domicilio provisorio: Local Municipal – R/ Pígara, 16 – O GRAXAL
Telef. 699 815455
Correo Electrónico: info@cambrepobosolidario.org
Web: http://www.cambrepobosolidario.org ENTIDADE INSCRITA NO REXISTRO MUNICIPAL DE ASOCIACIÓNS DE CAMBRE/REXISTRO GALEGO DE ENTIDADES DE VOLUNTARIADO/REXISTRO GALEGO.

HORARIO:
LUNS, MÉRCORES E VENRES DE 16,30 A 18 HORAS
SÁBADOS DE 11 a 13 HORAS
NOVA WEB DE CAMPOS
Está xa activa en Internet a nova web da nosa asociación. O seu enderezo é:
www.cambrepobosolidario
O novo enderezo de correo electrónico de CAMPOS será, a partires de agora, o seguinte:info@cambrepobosolidario.org

NOVO TALLER DE VOLUNTARIADO
"Afrontando a túa vida"
Terá lugar en sábados alternos, a partir do día 7 de novembro, no local da asociación (Rúa Pígara, 16-baixo), de 11,30 a 13,00 horas. Abordarase a forma de reducir o estrés e a ansiedade a través de diversas técnicas.A inscrición pódese facer por teléfono ou por correo electrónico
PARTICIPACIÓN CIDADÁN DO CONSORCIO AS MARIÑAS que, baixo a presidencia do Alcalde de Sada, Abel López Soto, está integrada por diversos técnicos e representantes de asociacións e colectivos sociais da comarca. O seu obxectivo básico é a integración social e laboral da poboación inmigrante.
Esta Plataforma é un órgano participativo e está aberto á incorporación de novos axentes sociais que traballen a prol dos mesmos fins.
A nosa asociación atópase integrada como membro fundador da Plataforma.

AVEPACE estivo presente con CAMPOS e o resto de Asociacións e colectivos sociais, na firma e costitución da PLATAFORMA CIDADÁN DO CONSORCIO AS MARIÑAS.

CLASES DE LÍNGUAS E DE APOIO PARA PERSOAS INMIGRANTES
Totalmente condicionados pola falta de espacio e de tempo no local municipal que nos serve de sé provisoria (que temos que compartir con outras entidades e coas actividades sociais do Concello), sentímonos moi satisfeitos pola grande afluencia de voluntarios/as dispostos/as a colaborar nesta e noutras actividades. Actualmente asisten ás nosas clases 15 persoas (na súa meirande parte nenos/as e adolescentes, pero tamén persoas adultas), orixinarias de: Marrocos, Cabo Verde, Senegal, Brasil e Rumanía.
Como xa sabedes, este labor compleméntase con asesoramento e axuda en temas laborais, administrativos e de integración social.

Un cordial saudo.

No hay comentarios: