martes, 22 de septiembre de 2009

VIA ARTABRA 07

No dia de onte recibimos unha chamada do P.P. de Cambre para darnos un pequeno avance, da reunión que teñen prevista celebrar a finais de outubro.

Como tiña solicitado por rexistro de entrada esta Asociación, o P.P. de Cambre solicitou a o Conselleiro D. Agustin Hernández. Que revisara e tivera en conta as alegacións presentadas polo Concello de Cambre, por esta Asociación e demais plataformas de afectados.

Segundo nos comunicaron dende o P.P. de Cambre, o Conselleiro
D. Agustin Hernández aceptou revisar e ter en conta tódalas alegacións.

Nestes momentos están a revisar as alegacións presentadas e de tomar unha decisión sobre a Vía Ártabra o seu paso por Cambre.

Esperaremos a finais de Outubro para saber, que decisión toma a Xunta de Galicia sobre o trazado da Vía Ártabra o seu paso por Pravio e Cambre.

Dende a Xunta Directiva esperamos, que D. Agustin Hernández e a Xunta de Galicia tomen unha decisión, que teña en conta a os veciños e os intereses de Pravio.

Seguimos sen aceptar o proxecto presentado e teremos que valorar as modificacións que planten.

Un cordial saúdo da xunta directiva.
.