lunes, 30 de marzo de 2009

O CAMIÑO REAL.





Estimados veciños:


Temos a obriga de informalos de que a Xunta de Galicia, aprovou o Impacto Medioambiental da Via Artabra.

Esto sin ter enconta as Alegacións que presentou esta Asociación. Colgamos este video para recordarlle a Xunta de Galicia, a conselleria de Medio Ambiente, o Concello de Cambre e a Concelleira de Cultura deste Concello.
Que o Camiño Real existe, e unha parte da nosa Cultura asi como a zona da Pabana, donde existen tuneles construidos durante a Guerra Civil polos veciños da zona.

Que o rio Gandara esta o caron desta zona e vai sufruir estas obras de un xeito especial, quedando dañado para sempre.



Todo esto so para dar solución a os veciños de Sada e Oleiros, que poidan coller a AP-9 o mais rapido posible, claro que despois haver como entran na Coruña, nas horas punta. ¿Pensan os tecnicos que o facilitar o acceso a AP-9 neste punto, a xente de Oleiros e Sada vai seguir conducindo asta San Vicente para coller a A-6 e despois enlazar ca terceira ronda.?

Si facilitan este Acceso o unico que van conseguir e sobresaturar mais a AP-9 e deixar inutil a terceira ronda. Pero sobre esto seguiremos falando noutro momento.



O Concello de Cambre e o seu poligono, non necesitan este enlace, o que necesitan e que se habilite unha entrada e saida na AP-9 con direción Coruña nos Catro Camiños.



Pero esto a Xunta parece que non quere escoitalo, pero ya falaremos largo e tendido sobre o que fai falta ou o que non, en Cambre e Pravio.



Un saudo da Xunta Directiva.

http://www.laopinioncoruna.es/secciones/noticia.jsp?pRef=2009033100_2_273366__ACorunaMetro-Concello-negociara-comprar-finca-para-abrir-area-recreativa

Terreo Municipal para Cela.




Este Domingo AVEPACE reuniuse cos Veciños de Cela, para decidir que Terreo se solicita a o Concello de Cambre.


Despois de falar e explicarlles a os veciños as propostas do Alcalde de Cambre, a os Veciños de Cela. Estos tomaron por maioria a decisión de que o Concello compre a "Finca Pumariño" situada enfrente a iglesia de Cela e porpiedade dunha Fundación.


AVEPACE informou hoxe mesmo o Sñor Alcalde da decición tomada polos Veciños de Cela e esta Asociación. Esperamos que apartir deste momento, empecen as negociacións por parte do Concello con esta Fundación. Para dotar a Cela dun terreo Municipal e asi mesmo se poida decir que todas as parroquias e Cambre ya contan con terreo Municipal.


A Xunta Directiva seguira este proxecto con maximo interes.


Un saudo.


miércoles, 25 de marzo de 2009

SEGURIDADE VIAL

Seguimos solicitando tres pasos de peons en Pravio.

No proximo pleno, preguntaran en que fase estan os pasos de peons de Pravio e que medidas tomaran co paso de Cela.

Esperaremos a ver que respostas dan no pleno sobre os pasos de peons de Pravio e Cela.

Un saudo da Xunta Directiva.

lunes, 16 de marzo de 2009

PASO DE PEONS EN CELA.




“Asociación de veciños de pravio e cela” (avepace). con c. i. f.

C/ A CALLE s/n. PRAVIO
CAMBRE C. P. 15668
avapace@gmail.com

En representación da Asociación de Veciños de Pravio e Cela (AVEPACE) o secretario don Víctor Velo Torreiro.

EXPÓN:

Que na estrada de Cambre a Brexo-Lema a o seu paso pola parroquia de Cela, conta con un paso de peatóns. Situado a saída da ponte de Cela.
Este paso de peóns e utilizado polos veciños de Cela e pola xente que transita o paseo do río Mero, o seu paso por Cela.
Varios veciños da zona reclaman que se instalen bandas rugosas neste punto, debido a que os vehículos pasan a gran velocidade e fan caso omiso do paso de peóns.

Por iso,

SOLICITA:

Que a Policía Local de Cambre examine este paso de peóns e se instalen as bandas rugosas, para grantizar a seguridade dos viandantes que cruzan neste punto.


Para facilitar a súa localización enviamos fotos da súa situación vía mail.


EN CAMBRE 16 DE MARZO DO 2009


O Secretario

Fdo.: Víctor Velo



EXCMO. SEÑOR ALCALDE E PRESIDENTE DA CORPORACIÓN MUNICIPAL DE CAMBRE

viernes, 13 de marzo de 2009

ANUCIO


Asociación de Veciños de Pravio e Cela.
“”AVEPACE””

Estimados socios:


O vindeiro sábado 28 de marzo do 2.009 celebramos a Asemblea Xeral. A primeira convocatoria e as 18:00 horas e a segunda as 18:30 horas, no local social de Pravio.
Rogamos a súa asistencia.


----------------------------------------------------------


Si non es socio e queres darte de alta.


Podes pasar polo Local Social de Pravio o próximo sábado 21 de marzo do 2.009 desde as 18:00horas asta as 19:00horas.


A Xunta Directiva estará no Local Social para atender a os socios e os veciños que queiran darse de alta.


Web: http://pravio-avepace.blogspot.com/ Mail. AVEPACE@gmail.com

Un saúdo da Xunta Directiva.

miércoles, 11 de marzo de 2009

Nota de Prensa sobre o Pombo

Hoy sale en la Opinión una nota de prensa sobre, el lamentable estado del Pombo.
http://www.laopinioncoruna.es/secciones/noticia.jsp?pRef=2009031100_2_267567__ACorunaMetro-Pombo-denuncia-estado-viales-obras-saneamiento

Ayer denunciamos en el Concello, que la empresa encargada de realizar las obras, esta dejando toda la zona del Pombo en unas condiciones lamentables. Hoy por la mañana, un operario de la empresa estaba retirando el barro y pasando un pison sobre la zanjas abiertas.

Esperaremos a mañana para comprobar, como dejan las zonas afectadas.

Un saudo da Xunta Directiva.

lunes, 9 de marzo de 2009

Un Paseo polo Barro

Mañan pasaremos polo Concello para pedir explicacións, de porque non se toman medidas ca empresa que esta a realizar os traballos do saneamento do Pombo.

Membros da Xunta Directiva ya falaran co encargado da obra, sobre as queixas dos veciños. Tamen enviamos un escrito o Concello para que, a empresa realizara os traballos, seguindo as normativas vixentes.

Visto que esta Empresa esta a facer caso omiso das nosas demandas, mañan daremos conta a o Concello delas e esperamos uns dias a que o Concello tome cartas no asunto.

En caso de que o Concello non tome as medidas oportunas, a Xunta Directiva mantera unha reunión de urxencia, para adoptar as medidas que sean precisas e se arranxe esto.

Un saudo da Xunta Directiva.

lunes, 2 de marzo de 2009

ASEMBLEA XERAL.

Estimados Socios:

Informamos que a Asemblea Xeral e o dia 28 de marzo do 2.009.