martes, 21 de abril de 2009

VIA ARTABRA 02

Hoxe entregamos por rexistro de entrada esta solicitude, para intentar parar o proceso da Via Artabra e sean atendidas as alegacións presentadas.

En representación da Asociación de Veciños de Pravio e Cela (AVEPACE) o secretario don Víctor Velo Torreiro.

EXPÓN:

Esta Asociación presentou o dia 25/04/2.008 unha alegación contra a Vía Ártabra o seu paso pola parroquia de Pravio e Cambre. Dita alegación foi desestimada ca “Resolución do 13 de marzo de 2009, da Dirección Xeral de Obras Públicas, pola que se fai pública a declaración de impacto ambiental, formulada pola Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental o 26 de febreiro de 2009, relativa ao proxecto de trazado e estudo de impacto ambiental da Vía Ártabra. Treito AC-221 (polígono de Cambre)-autopista AP-9-autovía A-6. Clave AC/04/156.00.2.”. Todo isto foi aprobado polo antigo equipo de goberno da Xunta de Galicia.
Ante tal despropósito con Cambre e Pravio por parte do anterior Director Xeral de Obras Publicas :

SOCITAMOS:

Que o Partido Popular de Cambre se poña en contacto, co novo Presidente da Xunta D. Alberto Núñez Feijoo e co Conselleiro D. Agustín Hernández Fernández.

Que o Partido Popular de Cambre solicite tanto o Presidente, como o Conselleiro que revisen as Alegacións e o Estudo Medio Ambiental da Vía Ártabra o seu paso por Cambre.

Que o Partido Popular de Cambre inste a o Presidente e o Concelleiro, a non realizar o novo enlace ca AP-9 na Gándara e habilite o dos Catro Camiños. Segundo o acordo alcanzado no pleno da Corporación Municipal e das alegacións presentadas polo Concello de Cambre.


EN CAMBRE 21 DE ABRIL DO 2009


O Secretario

Fdo.: Víctor Velo



GRUPO MUNICIPAL DO PARTIDO POPULAR DE CAMBRE.

2 comentarios:

fayenza dijo...

Estou con vos, pero non confío no novo equipo directivo nin do P.P. de Cambre, nin da Xunta.
De tódolos xeitos espero que non sexan tan cazurros como para non arranxar a entrada nos catro camiños e olvidar a Gándara.

Sorte.

AVEPACE dijo...

Fayenza, nos seguimos as directrices legais e confiamos en todas as formacións politicas que nos representan.
Temos que decir que de momento todos cumpliron, mais ou menos.
Achegase a hora da verdade, e nese momento sabremos con quen se pode contar.
Nos tamen esperamos que recapaciten e non fagan o enlace da Gándara.
Grazas.