miércoles, 29 de julio de 2009

VIA ARTABRA 06

O 21 de abril de 2.009 entregamos por rexistro de entrada no Concello de Cambre. Este escrito solicitando o P.P. de Cambre o seguinte:

En representación da Asociación de Veciños de Pravio e Cela (AVEPACE) o secretario don Víctor Velo Torreiro.

EXPÓN:

Esta Asociación presentou o dia 25/04/2.008 unha alegación contra a Vía Ártabra o seu paso pola parroquia de Pravio e Cambre. Dita alegación foi desestimada ca “Resolución do 13 de marzo de 2009, da Dirección Xeral de Obras Públicas, pola que se fai pública a declaración de impacto ambiental, formulada pola Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental o 26 de febreiro de 2009, relativa ao proxecto de trazado e estudo de impacto ambiental da Vía Ártabra. Treito AC-221 (polígono de Cambre)-autopista AP-9-autovía A-6. Clave AC/04/156.00.2.”. Todo isto foi aprobado polo antigo equipo de goberno da Xunta de Galicia.
Ante tal despropósito con Cambre e Pravio por parte do anterior Director Xeral de Obras Publicas.

SOCITAMOS:

Que o Partido Popular de Cambre se poña en contacto, co novo Presidente da Xunta D. Alberto Núñez Feijoo e co Conselleiro D. Agustín Hernández Fernández.

Que o Partido Popular de Cambre solicite tanto o Presidente, como o Conselleiro que revisen as Alegacións e o Estudo Medio Ambiental da Vía Ártabra o seu paso por Cambre.

Que o Partido Popular de Cambre inste a o Presidente e o Concelleiro, a non realizar o novo enlace ca AP-9 na Gándara e habilite o dos Catro Camiños. Segundo o acordo alcanzado no pleno da Corporación Municipal e das alegacións presentadas polo Concello de Cambre.

EN CAMBRE 21 DE ABRIL DO 2009

O Secretario

Fdo.: Víctor Velo

GRUPO MUNICIPAL DO PARTIDO POPULAR DE CAMBRE.

O pasado 15 de Xulio o P.P. de Cambre estubo reunido co Conselleiro Don Agustin Hernandez.

http://ppdecambre.blogspot.com/2009/07/cubeiro-y-hernandez-acuerdan-estudiar.html

Seguimos esperando que o P.P. de Cambre se poña en contacto con nos, para darnos respostas sobre dita reunión.
Estamos pendentes de saber de primeira man, os detalles e as respostas que dou o Conselleiro a o P.P. de Cambre sobre a Via Artabra o seu paso por Pravio.

Esperamos que nos proximos dias nos dean contestación.

Un cordial saúdo da Xunta Directiva.

Expedición D.N.I. en Cambre (outubro)‏

Información para os veciñ@s que teñan que renovar o D.N.I. . Podese pedeir cita no Concello para renovar o D.N.I. a partir do 1 de outubro.

15-16 Outubro
Casa do Concello

Cita por tlf a partir do 1 de outubro
Tlf: 981 613 128

Esperamos que esta información sea do voso interes.

Un cordial saúdo da Xunta Directiva.

domingo, 19 de julio de 2009

PROXECTOS DO F.E.I.L EN PRAVIO E CELA.

A Xunta Directiva de AVEPACE esta a seguir, as obras do Fondo estatal de Inversión Local en Pravio.
Victor Velo secretario e portavoz da Asociación :

Estamos contentos co ritmo que levan estas obras, o Parque infantil esta rematado e tanto os nenos/as, como os pais e nais estan moi contentos con esta obra. Pravio e Cela eran as unicas parroquias de Cambre que non contaban con parque infantil.




En Pravio esta a ser moi utilizado e esperamos poder conseguir un para Cela, que agora e a unica parroquia de Cambre que esta sin parque.


A obra para cubrir a pista polideportiva esta moi avanzada e esperamos que para o dia 5 de agosto estea rematada, si cumpren os prazos.


Pero a obra que mais nos preocupa agora e a renovación dos tubos da auga, polas molestias que esta a causar os veciños. Hai pouco tempo que conseguimos as sendas peonis e agora estan a levantalas para pasar os novos tubos. Esperamos que estas obras finalicen o antes posible e volvan a deixar as sendas en perfecto estado. Sabemos o importante de renovar as tuballes, pero non permitiremos que deixen a senda en mal estado.


Tamen estamos pendentes do Saneamento do Souto en Cela, esta obra do F.E.I.L. esta practicamente rematada. Pero a empresa que realizou a obra deixou sen reparar o tramo final, donde cruzou a estrada. Esta semana pediremos explicacions de porque non asfaltan o que levantaron.


Nestas semanas falaremos co Concello sobre varios problemas, derivados destas obras, para que sean solucionados o antes posibles.
Un cordial saudo da Xunta Directiva.

lunes, 13 de julio de 2009

COMIDA CAMPESTRE



O sábado pasado celebramos a Comida Campestre anual, das Asociacions Ganduxo e AVEPACE.

As Xuntas Directivas esperamos que todos/as os socios e acompañantes, pasaran un sábado agradable e disfrutaran da festa.

Queremos agradecer a colaboración do Concello de Cambre e a asistencia do Señor Alcalde, de dona Beatriz Ramos, de dona Carmen Tato e don Jaime lisnier.
Tamen queremos agradecer a dona Arita Prado, a don Venancio Salcines e a don Javier Varela, a os cales foilles imposible asistir por ter ocupacions e actos para este mesmo día.
Este ano xuntamos 120 veciños e esperamos que para o ano se animen mais. As Xuntas Directivas gustarianos contar nesta festa con todos/as os socios/as.
Xa que eles son os verdadeiros protagonistas e son os motores das duas Asociacions.
Grazas a todos/as e un cordial saudo das Xuntas Directivas.
.
.