miércoles, 25 de febrero de 2009

SANEAMENTO NO POMBO.





“Asociación de veciños de pravio e cela” (avepace). con c. i. f.

C/ A CALLE s/n. PRAVIO
CAMBRE C. P. 15668
avepace@gmail.com

En representación da Asociación de Veciños de Pravio e Cela (AVEPACE) o secretario don Víctor Velo

EXPÓN:

Que na zona do Pombo estanse a realizar as obras do saneamento. Estas obras están a causar molestias os veciños da zona. Tivemos queixas de veciños que non puideron entrar nin saír cos seus coches unha vez rematada a xornada das obras. Así mesmo tamén tivemos queixas de zanjas que quedaban abertas. Falamos co responsable da obra e dixo que isto non volvería ocorrer . Tamén temos queixas duns veciños que teñen problemas cas augas fluviais. Nesta zona edificouse moito nos últimos anos e aumentaron as recollidas de augas. Por este motivo cando chove con forza estes veciños empezan a sufrir pequenas inundacións. Por iso e con motivo destas obras e antes de que asfalten :

SOLICITA:

Que revisen a zona e fagan unha canalización das augas fluviais antes de que a empresa, que esta a realizar o saneamento asfalte a estrada.

Que a empresa que esta a realizar as obras do saneamento, deixe as acometidas feitas asta o carón das casas, cerrados ou fincas de todos os veciños das zonas.

Que a empresa unha vez pasado o saneamento e feitas as acometidas, asfalte todos os camiños nos que estibo realizando os traballos necesarios.


EN CAMBRE 25 DE FEBREIRO DO 2.009


O Secretario

Fdo.: Víctor Velo


EXCMA. SEÑORA BEATRIZ RAMOS CONCELLEIRA DE OBRAS DO CONCELLO DE CAMBRE

ASAMBLEA XERAL ORDINARIA.



Estimados socios:

En base ao artigo 15 dos estatutos de esta Asociación, agradame informalos da celebración da Asamblea Xeral Ordinaria, que tera lugar o próximo día 28/3/2.009 no local social de Pravio. A primeira convocatoria fixase as 18:00 horas , e a segunda as 18:30horas.

A orde do día fixase segundo sigue:
1.-Lectura da acta da Asamblea anterior.
2.-Balance das contas anuais.
3.-Proposta da Xunta Directiva.
4.-Xestions realizadas pola Xunta Directiva.
5.-Proxectos aprovados e pendientes de Execucion.
6.-Rogos e peguntas dos socios.

Rogamos a os socios a sua asistencia o dia 28/03/2.009. E informamolos de que o día 21/03/2.009 desde as 18:00horas asta 19:00 horas estaran expostas no local social as actas e as contas da Asociación, para o que queira revisalas.

Un cordial saudo da Xunta Directiva.

lunes, 23 de febrero de 2009

TAPADOS POLO ASFALTO.




Nota de prensa

Enterrados polo asfalto.


A Asociación de Veciños de Pravio e Cela mantivo unha reunión ca Concelleira de obras Dona Beatriz Ramos Padin . Nesta reunión tratouse o asfaltado da C-214 dependente da Xunta o seu paso por Pravio. Informouse a Concelleira do malestar dos veciños, porque ano tras ano ven como a estrada sigue subindo diante das súas casas.
Solicitamos que a Concelleira se puxera en contacto ca Xunta, para que rebaixaran toda a estrada o seu paso por Pravio e logo asfaltaran. Esta operación de rebaixar e algo que fan de todas as veces, cando asfaltan baixo o tunel da autoestrada AP-9 o caron dos Catro Camiños. Neste punto faise sempre por non perder altura no tunel e que poidan pasar os camions.
A semana pasada sen previo aviso asfaltaron a estrada en dous dias e facendo caso omiso da nosa demanda.

Víctor Velo, Portavoz da Asociación manifesta:

1.- Aquí o importante e que pasen os camions, si os veciños e as suas casas quedan soterradas e o mesmo.
2.- Non sei se falamos en chino, en arabe ou e que non nos entenden. Penso que é algo que se ve a simple vista.
3.- Se temos que tomar medidas drasticas para que nos entendan en Cambre e na Xunta, farémolo.
4.- Que non pensen, nin na Xunta, nin no Concello que vamos deixar que enterren mais as casas dos veciños.
5.- Si temos que parar as maquinas, pararemolas.

.
Desde a Xunta Directiva da Asociación de Veciños de Pravio e Cela enviamos un aviso o Equipo de Goberno:
Non aceptaremos accións, nas que saian perxudicados , veciños das nosas parroquias.

Hoxe mesmo pola tarde recibimos unha chamada do señor Alcalde, mostrando o seu malestar e a súa preocupación pola situación. O Alcalde prestase a mediar ca Xunta ea COTOP, para tomar medidas e tratar de solucionar os problemas desta nova subida da estrada. Esperamos que se poida arranxar algo do feito, pero seguimos decididos a non permitir unha nova subida do asfalto.


Como Secretario e Portavoz da Asociación póñome a súa disposición no correo electrónico avepace@gmail.com


.http://www.laopinioncoruna.es/secciones/noticia.jsp?pRef=2009022700_2_264105__ACorunaMetro-Vecinos-Pravio-critican-obras-asfaltado-vial

miércoles, 18 de febrero de 2009

APROBADOS OS PROXECTOS DO F.E.I.L


O saneamento do Souto en Cela esta aprobado.




Aprobados polo Goberno central os proxectos de Pravio e Cela. No proximo mes saldran a contratación as obras de Pravio e Cela. Esperamos que neste ano 2.009 estean todas as obras rematadas e que non haiga ningun contratempo.
http://www.laopinioncoruna.es/secciones/noticia.jsp?pRef=2009021800_2_261803__ACorunaMetro-Gobierno-visto-bueno-proyectos-Cambre-para-Fondo-Estatal

Un saudo da Xunta Directiva.

lunes, 16 de febrero de 2009

AVEPACE ENTRA EN Facebook.

Para impulsar esta Asociación e o seu blog. AVEPACE crea un perfil e un grupo en Facebook o cal enlaza con esta paxina. Esperamos conseguir mais visitas a nosa paxina e incluso que a xente que nos visite, se anime a facerse socio da Asociación.
Os veciños de Pravio e Cela poden estar contentos porque neste momento, a súa Asociación é atendida, escoitada e respetada por todas as forzas políticas de Cambre.


Estamos traballando e seguiremos traballando por un Pravio e Cela millor. Tede enconta que cantos maís somos, maís lexos nos escoitan.

Para toda a xente que teña conta en Facebook deixamoslles a direción.
http://www.facebook.com/group.php?gid=52067663855&ref=mf

Un saudo da Xunta Directiva.

miércoles, 11 de febrero de 2009

ARRANXADA EN DOUS DIAS.





A Xunta Directiva ten que felicitar en esta ocasión, a Concejala Beatriz Ramos Padin pola sua rápida resolución a nosa demanda.


O pasado día 4 de febreiro solicitamos que arranxara, os múltiples baches que presentaba a carretera de Armental a Pravio e o día 6 de febreiro ya estavan arranxados.

Gustaríanos que todas as nosas demandas foran resoltas con tal rapidez, pero tamen sabemos que non todo é tan doado. Esperamos poder seguir traballando nesta linea, para millorar as nosas parroquias.

Deixamos video con fotos dos baches arranxados e con unha melodia alegre para esta ocasión.


Un saudo da Xunta Directiva.

miércoles, 4 de febrero de 2009

CARRETERA DE ARMENTAL A PRAVIO




AVEPACE solicita no Concello que tapen os múltiples baches que hai na carretera, entre Pravio e Armental.


Varios veciños da zona, protestaron polo mal estado da carretera. Esta carretera tiña que ser asfaltada pola empresa que pasou o saneamento. Como a obra do saneamento non esta recepcionada pola Diputación, a empresa non procedeu o seu alfaltado.


Solicitamos a o Concello de Cambre que repare os múltiples baches que ten a carretera, mentras que a empresa non proceda o seu asfaltado.


De non reparar os baches, a Asociación instara a os veciños da zona a reclamar os daños que se ocasionen nos seu vehículos, e que os pague o Concello de Cambre.

Mentres dixamos este vídeo con fotos da carretera, para que se poida ver o seu estado.

Un saudo da Xunta Directiva.

martes, 3 de febrero de 2009

O CONCELLO REPON O ESPELLO



O día 02/01/2.009 esta Asociación reclamou o Concello de Cambre que repoñera o espello que habían retirado.

Temos que informar os veciños que o espello foi reposto no seu sitio hai uns días.

Na Xunta Directiva estamos contentos de poder conseguir estas pequenas, pero importantes demandas dos veciños.

Queremos recordarlles a os veciños que tanto no mail AVEPACE@gmail.com , como no local social estamos para escoitar e axudar nas suas demandas a o Concello.

Recordamoslles que o primeiro venres de cada mes, as 20:30 horas a Xunta Directiva esta no local social de Pravio a sua disposición.

Un saudo da Xunta Directiva.