Hoxe entregamos por rexistro de entrada esta solicitude, estamos a ver como a Xunta de Galicia segue adiante co proxecto da Via Artabra sen atender as alegacións presentadas.
http://www.lavozdegalicia.es/coruna/2009/04/21/0003_7666361.htm
En representación da Asociación de Veciños de Pravio e Cela (AVEPACE) o secretario don Víctor Velo Torreiro.
EXPÓN:
Esta Asociación presentou o dia 25/04/2.008 unha alegación contra a Vía Ártabra o seu paso pola parroquia de Pravio e Cambre. Dita alegación foi desestimada ca “Resolución do 13 de marzo de 2009, da Dirección Xeral de Obras Públicas, pola que se fai pública a declaración de impacto ambiental, formulada pola Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental o 26 de febreiro de 2009, relativa ao proxecto de trazado e estudo de impacto ambiental da Vía Ártabra. Treito AC-221 (polígono de Cambre)-autopista AP-9-autovía A-6. Clave AC/04/156.00.2.”. Todo isto foi aprobado polo antigo equipo de goberno da Xunta de Galicia.
Ante tal despropósito con Pravio por parte do anterior Director Xeral de Obras Publicas:
SOCITAMOS:
Que todos os Grupos da Corporación Municipal de Cambre rexeiten, tanto a Resolución da Declaración de Impacto Medio Ambiental aprobada pola Xunta de Galicia. Como das reformas efectuadas pola Xunta no trazado aprobado polo Concello de Cambre.
Que todos os Grupos presenten unha moción conxunta no próximo pleno da Corporación. Ratificando o trazado aprobado polo Concello de Cambre, así como o rexeitamento ao novo enlace ca AP-9 na Gándara.
Que se dea traslado a Xunta de Galicia e o novo Conselleiro desta moción. Así como do rexeitamento por parte do Concello e os Grupos que o aproben, dos cambios no trazado que realizou a Xunta de Galicia.
EN CAMBRE 21 DE ABRIL DO 2009
O Secretario
Fdo.: Víctor Velo
ENTREGADO A TODOS OS GRUPOS DA CORPORACIÓN MUNICIPAL DE CAMBRE
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario