lunes, 27 de abril de 2009

PRESUPOSTOS DO CONCELLO.




Tras seguir os presupostos municipais do 2.009 que van a pleno este xoves. Sabemos que se destina unha partida especifica para a compra do terreo municipal de Cela, cousa que nos comprace e nos agrada, xa que era o acordado co señor Alcalde.

Temos que lamentar por outra banda, que non aparece nestes presupostos unha partida especifica, para realizar as sendas peonís entre Pravio e a Castellana. Como fora aprobado nunha moción conxuta do pleno do 25 de Setembro do 2008 por unanimidade.
Por este motivo presentamos o dia 20 de abril do 2009 por rexistro de entrada do Concello unha solicitude para o señor Alcalde, así como para tódolos Grupos municipais. Para que seguindo esta moción aprobada, destinen unha partida especifica dos presupostos a esta obra.

Solucitude tal e como segue:



En representación da Asociación de Veciños de Pravio e Cela (AVEPACE) o secretario don Víctor Velo.

EXPÓN:

Que na SESIÓN ORDINARIA DO PLENO DA CORPORACIÓN DO DÍA 25 DE SETEMBRO DE 2008. Presentouse unha Moción conxunta dos Grupos P.P, BNG, EU-IU e PG. Esta moción promovida por esta Asociación, foi aprobada por unanimidade polos dezanove concelleiros asistentes a sesión.
Esta moción contaba con dúas partes diferentes, unha era o remate das sendas en Pravio, as cales xa tan rematadas e unha segunda parte. Nesta segunda parte aprobouse a construción da senda entra Pravio e a Castellana. Obra que esta sen realizar. Por iso:

SOLICITA:

Con motivo da negociación dos presupostos do Concello de Cambre, para o presente ano e seguindo o punto 4º aprobado nesta moción. Recorden que hai que destinar unha partida dos presupostos para realizar dita obra, segundo recolle este acordo da moción.


EN CAMBRE 20 DE ABRIL DO 2.009


O Secretario

Fdo.: Víctor Velo


ENTREGADO A TODOS OS GRUPOS DA CORPORACIÓN MUNICIPAL DE CAMBRE.
Esperamos que o proximo xoves no pleno, estea reflexada nos presupostos esta partida xa aprobada. A seguridade vial dos veciños, non entende de recortes nos presupostos.
Un saudo da Xunta Directiva.

No hay comentarios: