En representación da Asociación de Veciños de Pravio e Cela (AVEPACE) o secretario don Víctor Velo Torreiro
EXPÓN:
Que na estrada AC-214 o seu paso pola parroquia de Pravio non contamos con ningún paso de peóns nesta parroquia, os veciños de Pravio non contan con ningún paso de peóns nin sinais verticais, que faciliten o paso dos veciñ@s nesta parroquia. Tódolos días os veciños de Pravio corren un gran risco o cruzar a estrada, sobre todo nas xornadas que hai algún acto na igrexa ou ven cando queren cruzar de unha senda a outra. Dende a Asociación de Veciños queremos recordarlles os membros do Goberno Municipal de Cambre que nesta parroquia xa tivemos que lamentar accidentes con vítimas mortais. Queremos pasos de peóns XA. Por iso,
SOLICITA:
O CONCELLO DE CAMBRE e O SEU ALCALDE que tramite con urxencia esta petición, pintado dos pasos de peóns e a colocación das sinais oportunas que advirtan do risco de paso, de peóns na zona. Así como habilitar as sendas necesarias.
Para facilitar a súa localización enviamos fotos da súa situación que se inclúe como anexo.
EN CAMBRE 20 DE ABRIL DO 2009
O Secretario
Ado.: Víctor Velo
EXCMO. SEÑOR ALCALDE E PRESIDENTE DA CORPORACIÓN MUNICIPAL DE CAMBRE
No hay comentarios:
Publicar un comentario