martes, 19 de mayo de 2009

CUBERTA DA POLIDEPORTIVA DE PRAVIO.



Informamos de que xa hai empresa contratada para realizar a obra de cubrición da pista polideportiva en Pravio.


Nº Exp.:
09/ 33-15 OB
Denominación:
Cubrición da pista polideportiva en Pravio, (obra financiada con cargo ó Fondo Estatal de Inversión Local)
Forma de Adxudicación:
Procedemento aberto con multiplicidade de criterios de valoración
Data de publicación de anuncios en Boletíns Oficiais (se procede):
BOP nº 64 do 20 de marzo de 2009. Publicación no Perfil do Contratante : 23/03/09
Data de publicación de anuncios en prensa (se procede):
27 de marzo de 2009, diario "La Voz de Galicia"
Data límite de presentación de ofertas:
6 de abril de 2009
Data de apertura de sobres "B":
17 de abril de 2009, a las 12.00 horas
Adxudicación provisional (Empresa -Importe):
"GEOPROMOCIONES GALICIA, S.L.” - 227.017,05 euros, IVE incluido Publicación da adxudicación provisional no Perfil : 29/04/09
Adxudicación definitiva (empresa):
"GEOPROMOCIONES GALICIA, S.L.” - 227.017,05 euros, IVE incluido

Esperamos que pronto, comecen as obras e poidamos disfrutar da primeira pista cuberta e gratuita do Concello. Os veciños de Pravio e Cela poderan disfrutar de unha pista cuberta durante todo o ano.

Nos proximos dias manteremos unha reunión co Concelleiro de deportes, para tratar as reparacións que necesita a pista. Para que se poida utilizar en perfectas condicións.

Seguiremos informando, un saudo da Xunta Directiva.

PARQUES INFANTILES EN PRAVIO E CELA.







Empezaron as obras do parque infantil de Pravio. Esperamos que pronto rematen e que os nenos poidan disfrutar del.
Estamos pendentes de que o Concello, compre o terreo municipal para Cela. Este terreo sera dotado tamen con unha zona de xogos infantis.
Queremos que os nenos de Pravio e Cela conten con parque infantil, como no resto das parroquias de Cambre.
Un Saudo da Xunta Directiva.

viernes, 15 de mayo de 2009

VIA ARTABRA 05



Para el Proximo lunes entregaremos esta solicitud por registro de entrada en el Concello.

En representación da Asociación de Veciños de Pravio e Cela (AVEPACE) o secretario don Víctor Velo.

EXPÓN:
Esta Asociación presentou o dia 25/04/2.008 unha alegación contra a Vía Ártabra o seu paso pola parroquia de Pravio e do Concello de Cambre. Dita alegación foi desestimada ca “Resolución do 13 de marzo de 2009, da Dirección Xeral de Obras Públicas, pola que se fai pública a declaración de impacto ambiental, formulada pola Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental o 26 de febreiro de 2009, relativa ao proxecto de trazado e estudo de impacto ambiental da Vía Ártabra. Treito AC-221 (polígono de Cambre)-autopista AP-9-autovía A-6. Clave AC/04/156.00.2.”. Así mesmo tamén foron desestimadas as alegacións presentadas polo Concello de Cambre.
O consello da Xunta aprobou no 2004 ou 2006 o proxecto do trazado presentado polo concello de Cambre e a Consellería non respetou este proxecto aprobado polo consello da Xunta.
Ante tal despropósito por parte da Consellería da Xunta de Galicia con Pravio e o Concello de Cambre. Por iso:

SOCITAMOS:
Que o Concello de Cambre Presente antes do 24 de Maio alegacións contra a resolución do 13 de marzo de 2009.

Que o Concello de Cambre poña a disposición de esta Asociación e do resto de afectados un borrador de ditas alegacións, para poder presentalas en conxunto.

Que o Concello de Cambre examine si dita resolución tomada pola Consellería e legal, ou polo contrario e ilegal a non contar ca aprobación do consello da Xunta.
No caso de que dita resolución non fose legal, instamos o Concello de Cambre a que emprenda accións legais contra os responsables.

Seguiremos informando, un saudo da Xunta Directiva.

martes, 12 de mayo de 2009

VIA ARTABRA 04



Nos proximos dias esperamos contar cas alegacións que presentara o Concello contra a Resolución do 27 de marzo de 2009, da Dirección Xeral de Obras Públicas, pola que se fai pública a aprobación definitiva do proxecto de trazado e estudo de impacto ambiental da obra vía Ártabra. Treito: AC-221 (polígono de Cambre)-autoestrada AP9-autovía A6. Clave AC/04/156.00.2.A cal desestima as alegacións presentadas polo Concello, Asociacións e Afectados.
Tamen esperamos contar con outras alegacións que se estan preparando contra dita resolución.

Esperamos que con estas alegacións se paralice o novo proxecto e as modificacións que se realizaron. Queremos que se retome e aprobe o proxecto presentado polo Concello de Cambre, xa que este proxecto e menos agresivo co entorno de Cambre, perxudica a menos xente e consideramos que se axusta as necesidades de Cambre.

Esperamos que se solucione este asunto o antes posible, ou teremos que ir encargando as pancartas e pasar as movilizacións.

Seguiremos informando, un saudo da Xunta Directiva.