jueves, 20 de agosto de 2009

CRUCES SIN PINTAR DENDE 2.008





“AsociaciÓn de veciños de pravio e cela ” (avepace).

Nota de prensa

C/ A CALLE s/n. PRAVIO
CAMBRE C. P. 15668
mailto: avepace@gmail.com

A Xunta Directiva da Asociación de Veciños de Pravio e Cela toma a iniciativa.
Tras varias solicitudes e tras recibir o informe da Policía Local de Cambre Sobre o estado dos cruces de Pravio e Cela.
O Concello de Cambre solo realizou a metade do traballo necesario para mellorar os cruces.

Víctor Velo, Portavoz da Asociación manifesta:

-Levamos esperando dende Xunio do 2.008 que pinten os Cruces de Pravio e Cela que marcou a Policía Local no seu informe.
-Cambiaron e repuxeron os STOPS verticais que marcaron no informe, pero non pintaron nin un so Cruce.
-Neste cruce os sustos son constantes, hai dúas semanas volveu haber outro accidente mais. En Xunio de 2.008 case perdemos un veciño neste cruce e seguiamos na mesma situación.

-Si o Concello de Cambre non remata de pintar os cruces que están marcados no informe da Policía Local, estamos dispostos a pintalos nos.

-Si no próximo mes non teñen pintados os Cruces, compraremos a pintura a cargo do Concello e despois pintaremos os cruces marcados.

Enviamos foto dos membros da Xunta Directiva de AVEPACE despois de pintar o cruce.
De esquerda a dereita, Luís Martinez vicepresidente, Ramón Barbeito tesorero,
Jose Quintela presidente e Víctor Velo secretario.

Como Secretario e Portavoz da Asociación póñome a súa disposición no correo electrónico avepace@gmail.com
Un saudo da Xunta Directiva.
.

viernes, 14 de agosto de 2009

AXUDAS PARA MAIORES E DEPENDENTES.




Pravio 12 de Agosto do 2.009

Estimados socios e veciños:

Informamos das Axudas Individuais para a Promoción da Autonomía Persoal e Accesibilidade.

Axudas individuais, para persoas maiores, persoas con discapacidade e persoas en situación de dependencia empadroadas en Galicia.

Contemplan axudas técnicas, Adaptacións funcionais no fogar, Eliminación de barreiras, Adquisición de Próteses dentais e Audífonos.

Persoas beneficiarias:

- Persoas maiores de 65 anos, que acrediten a necesidade dunha axuda que non estea incluída no ámbito de outra liñas de protección social ou sanitaria.

- Persoas menores de 65 anos con discapacidade que teñan recoñecida un grao de minusvalía igual ou superior ao 33%.

- Persoas que teñan recoñecida a situación de dependencia nos seguintes graos e niveis:
- .-Grao III, niveis 1 e 2.
- .-Grao II, niveis 1 e 2.

Para mais información no Concello de Cambre e nos Servizos Sociais da Barcala.

O prazo para solicitar estas Axudas remata o 22 de agosto de 09.

Un cordial saudo da Xunta Directiva.

.