martes, 20 de enero de 2009

PRAVIO PODE PERDER UNHA INVERSION DE 265.253,55€




Onte no pleno sobre o Plan Estatal de Inversión Local acudimos contentos para ver como se aprobaban tres proxectos de inversión na parroquia de Pravio. Cal foi a nosa sorpresa cando estaban leendo os proxectos de Pravio e dixeron:


"a cuberta da polideportiva de Pravio non sabemos si se podrá facer porque o terreo esta catalogado como rustico e un técnico municipal da un informe desfavorable. Pero outro técnico municipal di que si que se pode facer."


Parecenos lamentable que o Equipo de Gobernó intente utilizar un tecnicismo burocrático para desviar os 265.253,55€ diste proxecto e ceda a presions para invertirlos en outros proxectos.


A Xunta Directiva mantera unha reunión de urxencia para tomar as medidas de presión oportunas.

No hay comentarios: