Hoxe presentouse por rexistro de entrada no Concello Cambre unha protesta, pola posible retirada do proxecto da cuberta da pista polideportiva de Pravio. Esta protesta sera remitida polo rexistro o señor Alcalde e a todas as formacions politicas do Concello.
“Asociación de veciños de pravio e cela” (avepace). con c. i. f. g- 70.103.015.
C/ A CALLE s/n. PRAVIO
CAMBRE C. P. 15668
avepace@gmail.com
En representación da Asociación de Veciños de Pravio e Cela (AVEPACE) o secretario don Víctor Velo Torreiro.
EXPÓN:
Que tras haber asistido o pleno extraordinario do pasado luns dia 19 de xaneiro do presente ano, no cal se poñía en duda a execución da cuberta polideportiva de Pravio. Temos que recordarlle, o señor Alcalde e o seu Equipo de Goberno que este proxecto e unha vella demanda dos veciños de Pravio. E non aceptaremos de ningunha maneira a retirada do proxecto.
Recordámoslle que hai un ano nestes mesmos terreos se construíu un almacén sen que a calificación do terreo fose un problema. Facer demagoxia agora con tecnicismos non ten cabida neste proxecto, porque isto e simplemente unha decisión política.
Esta Asociación e os seus veciños apoiaran a todos aqueles que se neguen a retirada desta inversión, que de seguro xa ten outro emprazamento buscado.
De retirar este proxecto, a Xunta Directiva de esta Asociación depurara e denunciara publicamente a todos os responsables Políticos de que se perda esta inversión en Pravio.
Por eso:
SOLICITA:
Que o señor Alcalde éo Equipo de Goberno non retire o proxecto da cuberta da pista polideportiva de Pravio.
Que o señor Alcalde entre copia completa do proxecto da cuberta da pista polideportiva de Pravio a esta Asociación.
EN CAMBRE 21 DE XANEIRO DO 2009
O Secretario
Fdo.: Víctor Velo
EXCMO. SEÑOR ALCALDE E PRESIDENTE DA CORPORACIÓN MUNICIPAL DE CAMBRE.
EN CAMBRE 21 DE XANEIRO DO 2009
O Secretario
Fdo.: Víctor Velo
EXCMO. SEÑOR ALCALDE E PRESIDENTE DA CORPORACIÓN MUNICIPAL DE CAMBRE.
No hay comentarios:
Publicar un comentario