miércoles, 21 de enero de 2009

CELA TAMEN E DE CAMBRE


AVEPACE entregara mañan xoves polo rexistro de entrada do Concello, un escrito solicitando o señor Alcalde que teña en conta a proposta de Esquerda Unida para o alcantarillado do Souto en Cela.
Non podemos consentir que unha vez mais Cela quede excluida dos investimentos do Concello, nin que Pravio perda o proxecto da cuberta da pista polideportiva.
Cela e a unica parroquia do Concello de Cambre que carecer de terreos Municipais e esperamos que o Equipo de Goberno tome boa nota deste feito.
Presentamos copia do escrito que mañan remiterimos a o Alcalde por rexistro de entrada.

“Asociación de veciños de pravio e cela” (avepace). con c. i. f. g- 70.103.015.

C/ A CALLE s/n. PRAVIO
CAMBRE C. P. 15668
avepace@gmail.com

En representación da Asociación de Veciños de Pravio e Cela (AVEPACE) o secretario don Víctor Velo Torreiro.

EXPÓN:
A parroquia de Cela unha vez mais queda fora dos investimentos do Concello de Cambre e recordámoslle a o señor Alcalde, que hai unha proposta do Grupo de Esquerda Unida para o saneamento do Souto en Cela. De retirar algún proxecto do Plan Estatal de Inversión Local porque non se poda levar a cabo, recorde que Cela existe e pertence a Cambre.
Tamén queremos recordarlle o compromiso que ten desde hai anos cos veciños de Cela, para dotar a esta parroquia de un terreo Municipal.
Por iso:

SOLICITA:

Que o señor Alcalde éo Equipo de Goberno inclúa o saneamento do Souto en Cela si cambian algún proxecto do Plan Estatal de Inversión Local.

Que o señor Alcalde éo Equipo de Goberno realicen as xestións necesarias para dotar de un terreo Municipal a parroquia de Cela.

Que o señor Alcalde éo Equipo de Goberno non retiren o proxecto da cuberta da pista polideportiva de Pravio.



EN CAMBRE 22 DE XANEIRO DO 2009


O Secretario

Fdo.: Víctor Velo


EXCMO. SEÑOR ALCALDE E PRESIDENTE DA CORPORACIÓN MUNICIPAL DE CAMBRE

No hay comentarios: