Venres 19/12/2008 enviamos esta nota de prensa, sobre o plan de vivendas no poligono de Cela.
“AsociaciÓn de veciños de pravio e cela ” (avepace).
Nota de prensa
C/ A CALLE s/n. PRAVIO
CAMBRE C. P. 15668
AVEPACE@gmail.com
A Asociación de Veciños de Pravio e Cela mantivo unha reunión co Alcalde de Cambre e os técnicos municipais para tratar o Plan Sectorial de Vivenda da Xunta de Galicia no polígono de Cela. Despois de fortes discusións e intensas reflexións, ademais de un profundo estudio, a Xunta Directiva de AVEPACE chegou a conclusión de que a actuación do Polígono de Cela É UN AVANCE.
Víctor Velo, Portavoz da Asociación manifesta:
ü Ningunha familia de Cela vaise ver perxudicada no seu fogar polas actuacións do Plan Sectorial, o que resulta tranquilizador para tódolos nosos veciños.
ü A creación de máis de 250 vivendas permite atraer a nosa parroquia e a Cambre gran cantidade de novas familias e permite novas oportunidades para os nosos comerciantes. Máis familias supoñen maior actividade económica, maiores recursos públicos e mellores servicios sociais.
ü A creación de máis de 250 novos fogares permite trasladar un vello polígono a unha ubicación mellor. Permite crear vivendas asequibles para os nosos xóvenes e darlles novas oportunidades a nosa sociedade.
ü A creación da nova zona residencial en Cela, según a modificación do proxecto inicial, permitirá contar con 5.166 metros cadrados para instalacións municipais, 11.366 para zonas verdes e novos equipamentos.
En tempos de crise, requírese por parte de todos un enorme esforzo. Nesta ocasión, os máis perxudicados son os negocios do polígono. A pesar diso, destacados empresarios afectados móstranse comprensivos co proxecto e recoñecen que “NON SE PODE FRENAR O AVANCE”. Dende a Asociación de Veciños vamos a defender en todo momento e con tódalas consecuencias os nosos empresarios e os seus traballadores. Por iso, AVEPACE reclama inmediatamente do Concello de Cambre e da Consellería de Vivenda que informen puntualmente e negocien con cada un dos propietarios, e esixe que garanticen a xusta compensación polo sacrificio que teñen que facer en favor de todos.
A Xunta Directiva da Asociación de Veciños de Pravio e Cela só se pronuncia en relación o Polígono de Cela. As outras actuacións deberán que ser valoradas polos veciños e asociacións que os representen.
Como Secretario e Portavoz da Asociación póñome a súa disposición no correo electrónico avepace@gmail.com .
Fdo.: Victor Velo.
http://www.laopinioncoruna.es/secciones/noticia.jsp?pRef=2008122000_2_246002__ACorunaMetro-afectados-plan-Vivenda-desconvocan-movilizaciones
http://www.lavozdegalicia.es/coruna/2008/12/20/0003_7412191.htm
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario