martes, 2 de diciembre de 2008

PRAVIO È AS SENDAS

O 19/09/08 enviamos esta nota de prensa.

“AsociaciÓn de veciños de pravio e cela ” (avepace)
Nota de prensa

C/ A CALLE s/n. PRAVIO
CAMBRE C. P. 15668
AVEPACE@gmail.com

“Pravio: as sendas da concordia”

Catro meses antes das pasadas eleccións municipais a promesa das sendas peatonais en Pravio pasou de promesa a proxecto e logo a obra. Transcorridas as eleccións a obra paralizouse quedando 340 metros sin rematar desde o PK. 4+130 A PK. 4+470 que volveu a ser un proxecto. Os problemas foron de todo tipo: Unión Fenosa , licencias e permisos, financiación, etc.

O Alcalde de Cambre tamén se comprometeu a realizar as sendas peatonais de Pravio a Castellana e así conectar as de Cambre. Desde a Asociación de Veciños de Pravio é Cela analizáronse os orzamentos do 2.008, onde non aparecia reflexada unha partida de diñeiro para acometer a obra, xenerou unha enorme preocupación na Asociación porque se teme que volva a convertirse nunha promesa e deixe de ser un proxecto.

A Asociación de Veciños de Pravio e Cela convocou unha reunión o pasado 12 de setembro con todos os partidos da oposición para pedirlles que presentaran unha moción conxunta de tódolos partidos en representación da propia Asociación e dos veciños de Pravio. Esta moción contempla dous puntos:
► Primeiro. O remate das sendas peatonais de Pravio AC-214 PK 4+130 A PK. 4+470, obra que ten que ser declarada de urxencia e rematada antes do vindeiro 1 de novembro.
► Segundo. No referente as sendas peatonais de Pravio a Castellana AC-214 PK 5+050 A 5+750, solicitar os permisos pertinentes, realizar o proxecto da obra e asignar a partida ou buscar o financiación da obra e sacala a contratación cun plazo de 6 a 9 meses. Esta obra sera declarada de urxencia pola seguridade dos peatóns que todos os dias viaxan a pé entre Pravio a Cambre.

Con esta moción a Asociacion de Veciños de Pravio e Cela procura mellorar a calidade de vida dos seus veciños, que deixen de vivir con medo e garantirlles unha mínima seguridade para rapaces e maiores, permitindolles que poidan disfrutar da sua comunidade sen ter que ser atropelados. É imprescindible que as promesas pasen a ser proxectos, para que así poidan convertirse en obras e despois unha realidade, unha realidade tan necesaria como imprescindible.

Dende a Asociación de Veciños desexamos agradecer ós grupos da oposición o seu respaldo e esperamos que o Equipo de Goberno de Cambre cumpla a súa promesa e se sume a esta moción.

Como Secretario e portavoz da Asociación póñome a sua disposición no correo electronico AVEPACE@gmail.com .

Fdo. Victor Velo.

http://www.laopinioncoruna.es/secciones/noticia.jsp?pRef=2008091900_2_222379__A-Coruna--Metro-oposicion-Cambre-lleva-pleno-demandas-Pravio

No hay comentarios: