Enviamos a o Concello e a Policia Local esta solicitude para que tomen medidas estos dias de fortes xeadas nas nosas estradas. Esperemos non ter que lamantar ningun accidente.
A xunta directiva da asociacion aproveita esta ocasion para desearlles unhas Felices Festas e un Prospero 2.009.
“Asociación de veciños de pravio e cela” (avepace).
C/ A CALLE s/n. PRAVIO
CAMBRE C. P. 15668
AVAPACE@gmail.com
En representación da Asociación de Veciños de Pravio e Cela (AVEPACE) o secretario don Víctor Velo Torreiro.
EXPÓN:
Debido as fortes xeadas destes días a estrada de Armental a Cambre temos que informar de
que se forman placas de xeo. Tanto nesta estrada como noutros puntos das parroquias de
Pravio e Cela estamos a encóntranos con placas de xeo en zonas pouco soleadas.
Estas placas de xeo son un perigo para os condutores e persoas que circulan nas
primeiras horas do dia. Por este motivo.
SOLICITA:
Que na estrada de Armental a Cambre se proceda a votar sal nas zonas afectadas.
Que a Policía Local de Cambre comprobe o resto de estradas de Pravio e Cela
onde se forman placas de xeo e que manden votar sal onde sexa preciso.
Pola seguridade dos condutores e dos veciños.
EN CAMBRE 24 DE DECEMBRO DO 2008
O Secretario
Fdo.: Víctor Velo
EXCMA. Concelleira Beatriz Ramos Padin Delegada da Area de Medio Ambiente,
Obras e Servizos do Concello de Cambre.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario