Tras reunirse con grupos da oposicion esta e a mocion que se manda o pleno.
Moción. “Seguridade vial en pravio: sendas peonís no núcleo de pravio e de pravio á castellana”
Exposición de motivos
Desde o inicio da lexislatura, tanto o Goberno Local como a totalidade dos grupos municipais mantiveron varias reunións coa Asociación de Veciños de Pravio e Cela (AVEPCE), iniciando así unha nova etapa marcada pola participación e colaboración. Polo tempo transcurrido até hoxe, poidemos comprobar que o único resultado foi de frustración. Os problemas continuan sen solucionarse, por iso é polo que plantexamos neste Pleno as seguintes cuestións, dada a súa importancia de máxima prioridade e urxencia:
1) Senda peonil PK 4+130 e PK 4+470 na estrada AC- 214
A travesía é unha promesa de moitos anos, anunciada tanto desde a Xunta de Galicia como desde o Goberno Local, e na última campaña electoral iniciouse un sendeiro que continua sen rematar despois de máis dun ano. Esta situación está causando moitas molestias aos veciños que cederon terreo, cunha obra inacabada diante da súa casa e, por outra parte, continua a situación de grave risco para os peóns. Polo que resulta urxente a conclusión desta obra para garantizar a seguridade vial.
2) Senda peonil de Pravio á Castellana na estrada AC-214.
A Asociación de Veciños de Pravio e Cela tratou este asunto en reunións co Sr. Alcalde e dadas as dificultades pola negativa de cesión de terreos por parte dos propietarios para construir a senda, desde a Alcaldía proponse entubar a cuneta para aproveitar o espazo para a construción da senda coa existencia de espazo suficiente para levar a cabo esta obra. Pero pola incertidume que xera o Goberno Local e a sorpresa que supón para a Asociación de Veciños que no ve contemplada esta obra no orzamento municipal de 2008 foi unhas das razóns polo que promoveu esta iniciativa.
Esta é outra obra comprometida e de prioridade para a seguridade vial dos veciños e da súa mobilidade.
Despois da reunión mantida entre a Asociación de Veciños de Pravio e Cela e os Grupos Municipais da Oposición o pasado venres, 12 de setembro de 2008, todos os grupos municipais acordamos presentar de forma conxunta esta moción en base aos motivos expostos para someter á consideración e debate do Pleno a adopción dos seguintes
ACORDOS:
1º Executar de forma inmediata a finalización da obra do proxecto “Seguridade Vial: andén peanil na estrada AC-214 entre PK 4+130 e PK 4+470 (Pravio)”.
2º Que o Goberno Local solicite á Xunta de Galicia con carácter urxente o permiso para realizar a senda peonil na estrada AC-214 entre PK 5+050 e PK 5+750 pola marxe esquerda en dirección a Cambre.
3º Que os técnicos municipais elaboren un proxecto con medidas mínimas dun metro de ancho para a senda peonil na estrada AC-214 entre PK 5+050 e PK 5+750, xa que consideramos que o terreo é suficiente.
4º Que se crea a partida orzamentaria necesaria para realizar a obra de senda peonil na estrada AC-214 entre PK 5+050 e PK 5+750 ou que se modifique a partida orzamentaria correspondente.
5º Unha vez reunidos os requisitos pertinentes no prazo de tempo máis breve posible, instar ao Goberno Local que inicie o expediente de contratación polo procedemento de urxencia da obra de senda peonil na estrada AC-214 entre PK 5+050 e PK 5+750, xa que esta obra representa seguridade vial para os veciños que se desprazan diariamente de Pravio a Cambre e viceversa. E que o prazo de execución e remate da obra sexa entre seis ou nove meses como máximo.
Cambre, setembro de 2008.
Asinan O/A Portavoz:
Partido Popular Bloque Nacionalista Galego
María Xesús González Roel Xabier Iglesias Oviedo
Esquerda Unida de Cambre. Partido Galeguista de Cambre.
Luis Miguel Taibo Casás Manuel Marante Gómez
http://www.laopinioncoruna.es/secciones/noticia.jsp?pRef=2008092500_2_223877__A-Coruna--Metro-Concello-retoma-obras-creacion-travesia-Pravio
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario