domingo, 18 de octubre de 2009

SOLICITUDES 049






En representación da Asociación de Veciños de Pravio e Cela (AVEPACE) o secretario don Víctor Velo Torreiro.

EXPÓN:

A parroquia de Cela unha vez mais queda fora dos investimentos do Concello de Cambre e recordámoslle a o señor Alcalde, que hai unha moción aprobada en pleno para dotar a Cela dun terreo municipal.

Tamén queremos recordarlle o compromiso que ten desde hai anos cos veciños de Cela, para dotar a esta parroquia de un terreo Municipal.

Cela e a única parroquia de Cambre que carece de terreo Municipal, así e como doutros elementos cos que contan outras parroquias.
Por iso:

SOLICITA:


Que o señor Alcalde éo Equipo de Goberno realicen as xestións necesarias para dotar de un terreo Municipal a parroquia de Cela. Que esta aprobado e comprometido polo pleno municipal.

Que nos traslade a información das xestións realizadas sobre esta compra.

EN CAMBRE 09 DE OUTUBRO DO 2009

O Secretario

Asdo.: Víctor Velo

EXCMO. SEÑOR ALCALDE E PRESIDENTE DA CORPORACIÓN MUNICIPAL DE CAMBRE.
Seguimos insistindo, en que Cela e a unica Parroquia de Cambre sin Terreo Municipal. Cela precisa con urxencia un terreo Municipal, no cal se poidan facer inversións e dotar a parroquia de equipamentos.
Un cordial saudo da Xunta Directiva.

1 comentario:

Anónimo dijo...

Noticia de la voz:

http://www.lavozdegalicia.es/coruna/2009/10/23/0003_8055242.htm