En representación da Asociación de Veciños de Pravio e Cela (AVEPACE) o secretario don Víctor Velo Torreiro.
EXPÓN:
Con motivo, da iniciativa de recuperación de fontes nas parroquias. Queremos destacar que na parroquia de Pravio hai fontes, que temos interesados e recuperar.
Na parte traseira do Pazo de Pravio, queremos recuperar esta fonte e o camiño publico que leva a ela.
Entre a zona da Pabana e o muíño, na parte inferior da estrada de San Pedro a Cecebre, esta a Fonte da Abelleira, que tamén nos gustaría recuperar.
Tamén nos gustaría recuperar outras dúas, que son ao carón da autoestrada , unha en fontela e outra en Armental.Por iso:
SOLICITA:
Que o Concello de Cambre, recupere a Fonte e o camiño do Pazo. Que recupere a fonte e o aceso a Fonte da Abelleira.
Que o Concello de Cambre, estude a posibilidades de recuperar, as fontes o carón da Autoestrada.
EN CAMBRE 09 DE OUTUBRO DO 2009
O Secretario
Asdo.: Víctor Velo
EXCMO. XABIER IGLESIAS CONCELLEIRO DELEGADO DO AREA DE
MEDIO AMBIENTE, OBRAS E SERVICIOS DE CAMBRE.
A Xunta Directiva na ultima reunión, decidiu solicitar a reparación e recuperación destas duas fontes da parroquia de Pravio. Non incluimos fontes de Cela, posto que as que coñecemos estan recuperadas.
Un saudo da Xunta Directiva.
No hay comentarios:
Publicar un comentario