En representación da Asociación de Veciños de Pravio e Cela (AVEPACE) o secretario don Víctor Velo Torreiro.
EXPÓN:
Que o Local Social de Pravio, do cal e titular o Concello de Cambre. Presenta dúas deficiencias que tiñan que ser arranxadas e as cales non podemos facer fronte, o carecer de efectivo nestes momentos. Unha delas e o canelón de augas fluviais, que cando chove verte a auga o patio da escola infantil.
A segunda deficiencia e a antena de televisión, a cal esta deteriorada e ten unha instalación antiga. Esta antena e instalación non son compatibles co apagón analóxico.
Nestes momentos e imposible ver a televisión que temos no local social, por culpa da antena e a instalación deficiente.
O portal do patio da escola infantil, ten os barrotes soltos e seria necesario soldalos para a seguridade dos nenos. Por isto:
SOLICITA:
Que o Concello de Cambre repare o canelón de local social o antes posible.
Que o Concello de Cambre repare o portal do patio, da escola infantil con urxencia.
Que o Concello de Cambre contrate, ou sufrague un técnico de T.V. para cambiar a instalación e mais a antena do Local Social.
Axuntamos foto dos danos que presenta o local social de Pravio.
EN CAMBRE 09 DE OUTUBRO DO 2009
O Secretario
Asdo.: Víctor Velo
EXCMO. XABIER IGLESIAS CONCELLEIRO DELEGADO DO AREA DE
MEDIO AMBIENTE, OBRAS E SERVICIOS DE CAMBRE.
Esperamos que reparen estos desperfectos o antes posible.
Un cordial saudo da Xunta Directiva.
No hay comentarios:
Publicar un comentario