O 21 de abril de 2.009 entregamos por rexistro de entrada no Concello de Cambre. Este escrito solicitando o P.P. de Cambre o seguinte:
En representación da Asociación de Veciños de Pravio e Cela (AVEPACE) o secretario don Víctor Velo Torreiro.
EXPÓN:
Esta Asociación presentou o dia 25/04/2.008 unha alegación contra a Vía Ártabra o seu paso pola parroquia de Pravio e Cambre. Dita alegación foi desestimada ca “Resolución do 13 de marzo de 2009, da Dirección Xeral de Obras Públicas, pola que se fai pública a declaración de impacto ambiental, formulada pola Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental o 26 de febreiro de 2009, relativa ao proxecto de trazado e estudo de impacto ambiental da Vía Ártabra. Treito AC-221 (polígono de Cambre)-autopista AP-9-autovía A-6. Clave AC/04/156.00.2.”. Todo isto foi aprobado polo antigo equipo de goberno da Xunta de Galicia.
Ante tal despropósito con Cambre e Pravio por parte do anterior Director Xeral de Obras Publicas.
SOCITAMOS:
Que o Partido Popular de Cambre se poña en contacto, co novo Presidente da Xunta D. Alberto Núñez Feijoo e co Conselleiro D. Agustín Hernández Fernández.
Que o Partido Popular de Cambre solicite tanto o Presidente, como o Conselleiro que revisen as Alegacións e o Estudo Medio Ambiental da Vía Ártabra o seu paso por Cambre.
Que o Partido Popular de Cambre inste a o Presidente e o Concelleiro, a non realizar o novo enlace ca AP-9 na Gándara e habilite o dos Catro Camiños. Segundo o acordo alcanzado no pleno da Corporación Municipal e das alegacións presentadas polo Concello de Cambre.
EN CAMBRE 21 DE ABRIL DO 2009
O Secretario
Fdo.: Víctor Velo
GRUPO MUNICIPAL DO PARTIDO POPULAR DE CAMBRE.
O pasado 15 de Xulio o P.P. de Cambre estubo reunido co Conselleiro Don Agustin Hernandez.
http://ppdecambre.blogspot.com/2009/07/cubeiro-y-hernandez-acuerdan-estudiar.html
Seguimos esperando que o P.P. de Cambre se poña en contacto con nos, para darnos respostas sobre dita reunión.
Estamos pendentes de saber de primeira man, os detalles e as respostas que dou o Conselleiro a o P.P. de Cambre sobre a Via Artabra o seu paso por Pravio.
Esperamos que nos proximos dias nos dean contestación.
Un cordial saúdo da Xunta Directiva.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario