domingo, 19 de julio de 2009

PROXECTOS DO F.E.I.L EN PRAVIO E CELA.

A Xunta Directiva de AVEPACE esta a seguir, as obras do Fondo estatal de Inversión Local en Pravio.
Victor Velo secretario e portavoz da Asociación :

Estamos contentos co ritmo que levan estas obras, o Parque infantil esta rematado e tanto os nenos/as, como os pais e nais estan moi contentos con esta obra. Pravio e Cela eran as unicas parroquias de Cambre que non contaban con parque infantil.




En Pravio esta a ser moi utilizado e esperamos poder conseguir un para Cela, que agora e a unica parroquia de Cambre que esta sin parque.


A obra para cubrir a pista polideportiva esta moi avanzada e esperamos que para o dia 5 de agosto estea rematada, si cumpren os prazos.


Pero a obra que mais nos preocupa agora e a renovación dos tubos da auga, polas molestias que esta a causar os veciños. Hai pouco tempo que conseguimos as sendas peonis e agora estan a levantalas para pasar os novos tubos. Esperamos que estas obras finalicen o antes posible e volvan a deixar as sendas en perfecto estado. Sabemos o importante de renovar as tuballes, pero non permitiremos que deixen a senda en mal estado.


Tamen estamos pendentes do Saneamento do Souto en Cela, esta obra do F.E.I.L. esta practicamente rematada. Pero a empresa que realizou a obra deixou sen reparar o tramo final, donde cruzou a estrada. Esta semana pediremos explicacions de porque non asfaltan o que levantaron.


Nestas semanas falaremos co Concello sobre varios problemas, derivados destas obras, para que sean solucionados o antes posibles.
Un cordial saudo da Xunta Directiva.

No hay comentarios: