viernes, 14 de agosto de 2009

AXUDAS PARA MAIORES E DEPENDENTES.




Pravio 12 de Agosto do 2.009

Estimados socios e veciños:

Informamos das Axudas Individuais para a Promoción da Autonomía Persoal e Accesibilidade.

Axudas individuais, para persoas maiores, persoas con discapacidade e persoas en situación de dependencia empadroadas en Galicia.

Contemplan axudas técnicas, Adaptacións funcionais no fogar, Eliminación de barreiras, Adquisición de Próteses dentais e Audífonos.

Persoas beneficiarias:

- Persoas maiores de 65 anos, que acrediten a necesidade dunha axuda que non estea incluída no ámbito de outra liñas de protección social ou sanitaria.

- Persoas menores de 65 anos con discapacidade que teñan recoñecida un grao de minusvalía igual ou superior ao 33%.

- Persoas que teñan recoñecida a situación de dependencia nos seguintes graos e niveis:
- .-Grao III, niveis 1 e 2.
- .-Grao II, niveis 1 e 2.

Para mais información no Concello de Cambre e nos Servizos Sociais da Barcala.

O prazo para solicitar estas Axudas remata o 22 de agosto de 09.

Un cordial saudo da Xunta Directiva.

.

No hay comentarios: