lunes, 20 de abril de 2009

SOLICITUDES 043



En representación da Asociación de Veciños de Pravio e Cela (AVEPACE) o secretario don Víctor Velo Torreiro

EXPÓN:

Que na zona do Pombo estanse a realizar as obras do saneamento. Estas obras están xa rematadas na zona do Pombo e Cubelo por parte desta empresa. Agora estan traballando na estrada de Cecebre a San Pedro. Esta empresa esta a incorrer en múltiples irregularidades, sen que o Concello tome medidas.
Nos últimos días, dous vehículos sufriron as consecuencias do abandono e a desidia que ten esta empresa e o Concello de Cambre con estas obras. Quedando enterrados o ceder, o terreo nas zanjas que abriron para pasar o saneamento. Despois de dúas semanas cas obras rematadas nesta zona, seguen sen asfaltar os camiños que levantaron. Por iso:

SOLICITA:


Que a empresa competente asfalte todos os camiños nos que estiveron traballando de inmediato, para non ter que sufrir mais molestias nin accidentes.

Que a empresa que esta facendo o saneamento, se encargue de reparar os danos que causaron os seus camións. No camiño que entra a o carón do túnel da autopista, onde esfondaron unha arqueta ea tapa do alcantarillado.


EN CAMBRE 20 DE ABRIL DO 2.009


O Secretario

Fdo.: Víctor Velo


EXCMA. SEÑORA BEATRIZ RAMOS CONCELLEIRA DE OBRAS DO CONCELLO DE CAMBRE

No hay comentarios: