lunes, 20 de abril de 2009

SOLICITUDES 040



En representación da Asociación de Veciños de Pravio e Cela (AVEPACE) o secretario don Víctor Velo Torreiro

EXPÓN:

Que na estrada CP-1703 o seu paso por Armental conta con un bache de grandes dimensións.

Queremos aproveitar este escrito para mencionar o perigosa que e esta estrada no seu treito final, na zona da canteira. Este tramo conta con un terraplén de gran consideración e sen medidas de proteción. Por iso:

SOLICITA:

Que o Concello de Cambre repare o antes posible este bache, antes de que cause danos nos vehículos que circulan por esta estrada.

Que o Concello de Cambre solicite a Policía Local un informe sobre a colocación de quita medos neste tramo.
Si o informe da Policía Local fose favorable a colocar os quita medos, que o Concello de Cambre remita dito informe a Deputación para que instale os quita medos, nos tramos oportunos. Xa que entendemos que dita estrada e competencia da Deputación.





EN CAMBRE 20 DE ABRIL DO 2.009


O Secretario

Fado.: Víctor Velo



EXCMA. BEATRIZ RAMOS PADIN CONCELLEIRA DELEGADA DO AREA DE
MEDIO AMBIENTE, OBRAS E SERVICIOS DE CAMBRE






No hay comentarios: