viernes, 15 de mayo de 2009

VIA ARTABRA 05



Para el Proximo lunes entregaremos esta solicitud por registro de entrada en el Concello.

En representación da Asociación de Veciños de Pravio e Cela (AVEPACE) o secretario don Víctor Velo.

EXPÓN:
Esta Asociación presentou o dia 25/04/2.008 unha alegación contra a Vía Ártabra o seu paso pola parroquia de Pravio e do Concello de Cambre. Dita alegación foi desestimada ca “Resolución do 13 de marzo de 2009, da Dirección Xeral de Obras Públicas, pola que se fai pública a declaración de impacto ambiental, formulada pola Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental o 26 de febreiro de 2009, relativa ao proxecto de trazado e estudo de impacto ambiental da Vía Ártabra. Treito AC-221 (polígono de Cambre)-autopista AP-9-autovía A-6. Clave AC/04/156.00.2.”. Así mesmo tamén foron desestimadas as alegacións presentadas polo Concello de Cambre.
O consello da Xunta aprobou no 2004 ou 2006 o proxecto do trazado presentado polo concello de Cambre e a Consellería non respetou este proxecto aprobado polo consello da Xunta.
Ante tal despropósito por parte da Consellería da Xunta de Galicia con Pravio e o Concello de Cambre. Por iso:

SOCITAMOS:
Que o Concello de Cambre Presente antes do 24 de Maio alegacións contra a resolución do 13 de marzo de 2009.

Que o Concello de Cambre poña a disposición de esta Asociación e do resto de afectados un borrador de ditas alegacións, para poder presentalas en conxunto.

Que o Concello de Cambre examine si dita resolución tomada pola Consellería e legal, ou polo contrario e ilegal a non contar ca aprobación do consello da Xunta.
No caso de que dita resolución non fose legal, instamos o Concello de Cambre a que emprenda accións legais contra os responsables.

Seguiremos informando, un saudo da Xunta Directiva.

No hay comentarios: