martes, 12 de mayo de 2009
VIA ARTABRA 04
Nos proximos dias esperamos contar cas alegacións que presentara o Concello contra a Resolución do 27 de marzo de 2009, da Dirección Xeral de Obras Públicas, pola que se fai pública a aprobación definitiva do proxecto de trazado e estudo de impacto ambiental da obra vía Ártabra. Treito: AC-221 (polígono de Cambre)-autoestrada AP9-autovía A6. Clave AC/04/156.00.2.A cal desestima as alegacións presentadas polo Concello, Asociacións e Afectados.
Tamen esperamos contar con outras alegacións que se estan preparando contra dita resolución.
Esperamos que con estas alegacións se paralice o novo proxecto e as modificacións que se realizaron. Queremos que se retome e aprobe o proxecto presentado polo Concello de Cambre, xa que este proxecto e menos agresivo co entorno de Cambre, perxudica a menos xente e consideramos que se axusta as necesidades de Cambre.
Esperamos que se solucione este asunto o antes posible, ou teremos que ir encargando as pancartas e pasar as movilizacións.
Seguiremos informando, un saudo da Xunta Directiva.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario