lunes, 23 de febrero de 2009

TAPADOS POLO ASFALTO.




Nota de prensa

Enterrados polo asfalto.


A Asociación de Veciños de Pravio e Cela mantivo unha reunión ca Concelleira de obras Dona Beatriz Ramos Padin . Nesta reunión tratouse o asfaltado da C-214 dependente da Xunta o seu paso por Pravio. Informouse a Concelleira do malestar dos veciños, porque ano tras ano ven como a estrada sigue subindo diante das súas casas.
Solicitamos que a Concelleira se puxera en contacto ca Xunta, para que rebaixaran toda a estrada o seu paso por Pravio e logo asfaltaran. Esta operación de rebaixar e algo que fan de todas as veces, cando asfaltan baixo o tunel da autoestrada AP-9 o caron dos Catro Camiños. Neste punto faise sempre por non perder altura no tunel e que poidan pasar os camions.
A semana pasada sen previo aviso asfaltaron a estrada en dous dias e facendo caso omiso da nosa demanda.

Víctor Velo, Portavoz da Asociación manifesta:

1.- Aquí o importante e que pasen os camions, si os veciños e as suas casas quedan soterradas e o mesmo.
2.- Non sei se falamos en chino, en arabe ou e que non nos entenden. Penso que é algo que se ve a simple vista.
3.- Se temos que tomar medidas drasticas para que nos entendan en Cambre e na Xunta, farémolo.
4.- Que non pensen, nin na Xunta, nin no Concello que vamos deixar que enterren mais as casas dos veciños.
5.- Si temos que parar as maquinas, pararemolas.

.
Desde a Xunta Directiva da Asociación de Veciños de Pravio e Cela enviamos un aviso o Equipo de Goberno:
Non aceptaremos accións, nas que saian perxudicados , veciños das nosas parroquias.

Hoxe mesmo pola tarde recibimos unha chamada do señor Alcalde, mostrando o seu malestar e a súa preocupación pola situación. O Alcalde prestase a mediar ca Xunta ea COTOP, para tomar medidas e tratar de solucionar os problemas desta nova subida da estrada. Esperamos que se poida arranxar algo do feito, pero seguimos decididos a non permitir unha nova subida do asfalto.


Como Secretario e Portavoz da Asociación póñome a súa disposición no correo electrónico avepace@gmail.com


.http://www.laopinioncoruna.es/secciones/noticia.jsp?pRef=2009022700_2_264105__ACorunaMetro-Vecinos-Pravio-critican-obras-asfaltado-vial

No hay comentarios: