miércoles, 25 de febrero de 2009

SANEAMENTO NO POMBO.





“Asociación de veciños de pravio e cela” (avepace). con c. i. f.

C/ A CALLE s/n. PRAVIO
CAMBRE C. P. 15668
avepace@gmail.com

En representación da Asociación de Veciños de Pravio e Cela (AVEPACE) o secretario don Víctor Velo

EXPÓN:

Que na zona do Pombo estanse a realizar as obras do saneamento. Estas obras están a causar molestias os veciños da zona. Tivemos queixas de veciños que non puideron entrar nin saír cos seus coches unha vez rematada a xornada das obras. Así mesmo tamén tivemos queixas de zanjas que quedaban abertas. Falamos co responsable da obra e dixo que isto non volvería ocorrer . Tamén temos queixas duns veciños que teñen problemas cas augas fluviais. Nesta zona edificouse moito nos últimos anos e aumentaron as recollidas de augas. Por este motivo cando chove con forza estes veciños empezan a sufrir pequenas inundacións. Por iso e con motivo destas obras e antes de que asfalten :

SOLICITA:

Que revisen a zona e fagan unha canalización das augas fluviais antes de que a empresa, que esta a realizar o saneamento asfalte a estrada.

Que a empresa que esta a realizar as obras do saneamento, deixe as acometidas feitas asta o carón das casas, cerrados ou fincas de todos os veciños das zonas.

Que a empresa unha vez pasado o saneamento e feitas as acometidas, asfalte todos os camiños nos que estibo realizando os traballos necesarios.


EN CAMBRE 25 DE FEBREIRO DO 2.009


O Secretario

Fdo.: Víctor Velo


EXCMA. SEÑORA BEATRIZ RAMOS CONCELLEIRA DE OBRAS DO CONCELLO DE CAMBRE

No hay comentarios: