lunes, 9 de marzo de 2009

Un Paseo polo Barro

Mañan pasaremos polo Concello para pedir explicacións, de porque non se toman medidas ca empresa que esta a realizar os traballos do saneamento do Pombo.

Membros da Xunta Directiva ya falaran co encargado da obra, sobre as queixas dos veciños. Tamen enviamos un escrito o Concello para que, a empresa realizara os traballos, seguindo as normativas vixentes.

Visto que esta Empresa esta a facer caso omiso das nosas demandas, mañan daremos conta a o Concello delas e esperamos uns dias a que o Concello tome cartas no asunto.

En caso de que o Concello non tome as medidas oportunas, a Xunta Directiva mantera unha reunión de urxencia, para adoptar as medidas que sean precisas e se arranxe esto.

Un saudo da Xunta Directiva.

No hay comentarios: