lunes, 15 de marzo de 2010

PRESUPOSTOS 2010 DE CAMBRE.


En representación da Asociación de Veciños de Pravio e Cela (AVEPACE) o secretario don Víctor Velo.

EXPÓN:

Tras ver na prensa estes días o borrador dos presupostos do Concello de Cambre, esta Asociación quere recordarlle o Equipo de Goberno e os Grupos da Oposición.
Que nos presupostos do 2.009 estaban destinadas dúas partidas especificas.

1.- Unha partida para as sendas entre Pravio e a Castellana, que a dia de hoxe están sen facer.
2.-Unha partida para dotar a Cela dun terreo Municipal, que a dia de hoxe non ten.
Por iso:
SOLICITA:
Que o Equipo de Goberno e os Grupos da Oposición teñan presentes estas dúas partidas dos presupostos do 2.009, para que estean presentes nos presupostos do 2.010 e incluso sexan incrementadas.

EN CAMBRE 11 DE MARZO DO 2.010

O Secretario
Asdo.: Víctor Velo
.
A Xunta Directiva envia a o Equipo de Goberno e os Grupos da Oposición, este escrito por rexistro de entrada do Concello.
Para recordarlles que temos comprometidas e aprobadas en pleno estas duas actuacións para Pravio e Cela.
.
Nos presupostos do 2009 tiñamos unha partida nos presupostos para realizar as sendas peatonais entre Pravio e a Castellana, polo tanto para os presupostos do 2010 deben crear unha nova partida e incluso aumentala. Para que estas sendas poidan ser unha realidade no 2010.
.
Tamen nos presupostos do 2009 tiñamos unha partida para dotar a Cela dun Terreo Municipal. Esta partida ten que ser includa nos presupostos do 2010 para que cando se dispoña dun terro, se poida comprar e asi dotar a Cela dun terreo Municipal, segundo esta comprometido e aprobado en pleno.
.
Nos proximos dias manteremos unha reunión co Señor Alcalde, para aclarar porque non se crean estas duas partidas nos orzamentos do 2010. Asi como outras obras e problemas que presentan as duas parroquias.
.
Un cordial saudo da Xunta Directiva.
.
.

No hay comentarios: