En representación da Asociación de Veciños de Pravio e Cela (AVEPACE) o secretario don Víctor Velo.
EXPON:
O pasado domingo tivo lugar un accidente no que se viron implicados varios vehículos e tres vacas na AP-9 a altura de Armental Pravio. Estas vacas accederon a autoestrada porque o valado da autoestrada estaba tirado no chan.
Non e o único sitio onde o valado da Autoestrada esta tirado, porque incluso hai sitios onde carece de valado.
A empresa AUDASA encargada do mantemento e máxima responsable desta Autoestrada de peaxe, ten abandonado o mantemento do valado que impide a entrada a autoestrada dende hai anos. Por outra banda tamén temos que recordar que a limpeza da mesma, so a realizaron polo carril de Santiago - A Coruña, deixando o treito Coruña – Santiago sen limpar. Por iso:
SOLICITA:
Que o Concello de Cambre denuncie e tome as medidas legais oportunas contra a empresa AUDASA pola súa desidia no mantemento do valado, xa que isto reviste un gran perigo para os veciños desta parroquia.
Que o Concello de Cambre denuncie nos medios de comunicación as irregularidades do valado e do mantemento por parte desta empresa, en defensa dos nosos veciños.
Que a Policía Local de Cambre realice un informe detallado tanto dos múltiples fallos que existen no valado, como dos feitos ocorridos o pasado domingo para posibles reclamacións contra AUDASA por parte da Asociación, dos veciños ou do Concello.
Enviamos fotos do punto de aceso das vacas e valado en mal estado.
EN CAMBRE 16 DE DECEMBRO DO 2009
O Secretario
Asdo.: Víctor Velo
EXCMO. SEÑOR ALCALDE E PRESIDENTE DA CORPORACIÓN MUNICIPAL DE CAMBRE.

Esperamos que o Concello tome moi en serio esta solicitude, polo perigo que representa para todos os veciños de Pravio esta situación.
Un saudo da Xunta Directiva.
.
.
No hay comentarios:
Publicar un comentario