jueves, 19 de noviembre de 2009

VIA ARTABRA 09

No dia de onte, recibimos unha chamada do P.P. de Cambre para darnos información sobre a Via Artabra.
Explicaron que o Coselleiro Agustin Hernandez, ten previsto pasar por Cambre e atender as alegacións desta Asociación. Ese dia estaremos invitados co resto de afectados e plataformas, para tratar de que a Via Artabra cause o menor impacto, o seu paso por Cambre e Pravio.
Nestes momentos saiu a contratación do proxecto, que tera enconta as Alegacións do Concello e as presentadas por esta Asociación. Onde solicitamos que se retire o novo enlace ca AP-9 e se habilite a entrada, e saida ca Coruña no enlace de Catro Camiños. Tamen se solicita que a Via Artabra o seu paso por Cambre, sea de dous carris e non catro como no proxecto presentado.

Temos esperanzas de que todo esto sea tido enconta polo Conselleiro ya que, non estamos dispostos a ser partidos en tres pola Via Artabra.

http://www.laopinioncoruna.es/metro/2009/11/18/xunta-promete-consensuar-cambre-via-artabra/336121.html

Esperamos un consenso de todas as forzas Politicas da Corporación, ya que este tema e moi impotante para os veciños de Cambre e Pravio.

http://www.laopinioncoruna.es/metro/2009/11/19/cambre-recuerda-alego-via-artabra-meses/336475.html

Un cordial saudo da Xunta Directiva.
.

No hay comentarios: